Imre Lakatos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
+táboa de contidos
m Bot: Cambio o modelo: Cite journal; cambios estética
Liña 13:
|alumnos_tese =
|coñecido =
|influído = [[Paul Feyerabend]], [[Hegel]], [[Vladimir Lenin]], [[Gyorgy Lukács]], [[Karl Marx]], [[George Pólya]], [[Karl Popper]], [[Thomas Kuhn]], [[Árpád Szabó]]<ref>{{citeCita journalpublicación periódica| author = András Máté| year = 2006| title = Árpád Szabó and Imre Lakatos, Or the relation between history and philosophy of mathematics| journal = Perspectives on Science| volume = 14| issue = 3| pages = 282–301| doi=10.1162/posc.2006.14.3.282}}</ref>
|influíu = [[Paul Feyerabend]], [[Nancey Murphy]], [[Jean-Claude Milner]], [[Alan Chalmers]], [[John Worrall]]
|premios =
Liña 21:
'''Imre Lakatos''', nado en [[Debrecen]], [[Hungría]], o [[9 de novembro]] de [[1922]] e finado en [[Londres]] o [[2 de febreiro]] de [[1974]], foi un filósofo da ciencia que desenvolveu o falsacionismo de [[Karl Popper]].
 
== Traxectoria ==
Formado na Universidade de Debrecen, a súa nai e a súa aboa foron asasinadas en [[Auschwitz]] entrementres el conseguiu fuxir dos [[nazi]]s cambiando de nome. Convertido nun convencido comunista, traballou no ministerio de Educación da república soviética do seu país e asistiu tamén aos seminarios de [[Gyorgy Lukács]]. Aínda que estudou tamén na Universidade estatal de [[Moscova]], foi acusado de revisionismo polo comunismo oficial e metido na cadea.
 
Implicouse na revolución húngara de [[1956]] que foi esmagada pola [[Unión Soviética]], o que provocou a súa fuxida a [[Viena]], e máis tarde ao [[Reino Unido]] onde se doutorou na [[Universidade de Cambridge]]. Posteriormente, traballou na Escola de Economía de Londres e foi o editor do ''British Journal for the Philosophy of Science'' ata a súa súpeta morte dunha hemorraxia cerebral.
 
== Pensamento ==
Introduciu a dimensión histórica no coñecemento científico. A filosofía da ciencia sen [[historia]] fica baleira e a a historia da ciencia sen filosofía é cega. Introduce a posibilidade de corrección das reconstrucións racionais por medio de estudos históricos independentes. Para el historia significa, por unha banda, conxunto de feitos históricos e, por outra, un conxunto de proposicións históricas. Calquera historia é unha reconstrución cargada de teoría e de valor. Existe pois, tamén no eido científico, unha profunda conexión entre ámbolos dous planos.
 
Liña 35:
Este é un conxunto de teorías sucesivas a contrastar con teorías rivais. O programa de investigación ten un núcleo duro e un cinto protector formado por hipóteses auxiliares. O núcleo duro vese afectado se non poden predicir fenómenos por conter anomalías empíricas, momento no que pode ser substituído por un programa rival que é quen de explicar máis ca o anterior e predicir feitos novos.
 
== Obras ==
* ''Proofs and refutations''
* ''The logic of mathematical discovery''
 
{{ORDENAR:Lakatos, Imre}}
 
[[Categoría:Personalidades da filosofía]]
[[Categoría:Personalidades de Hungría]]