Diferenzas entre revisións de «Toquio»

corrixo
(corrixo)
'''Toquio'''<ref>{{cita libro |url=http://www.udc.es/publicaciones/documentos/biblioteca/CriteriosParaUsoDaLingua.pdf |título=Criterios para o uso da lingua |editor=Servizo de Normalización Língüística, Universidade da Coruña |páxina=134 |isbn=84-9749-199-8 |autores=Goretti Sanmartín Rei ''et al''}}</ref> ou '''Tokio''' <ref> {{DRAG|monorraíl}}</ref>(en xaponés {{nihongo|東京都, とうきょうと|Tōkyō|extra2={{Audio|ja-Tokyo.ogg|pronunciación}} (lit. capital do leste)}} é a capital e unha das 47 [[Prefecturas do Xapón|prefecturas]] do [[Xapón]]. Situase en [[Honshu]], a maior illa do arquipélago. A prefectura ten 12.064.101 habitantes, preto do 10% da poboación do país, e a súa área metropolitana 31.2 millóns. Toquio é famosa pola [[Torre de Toquio]]. Foi fundada en [[1457]], co nome de Edo ou Yedo. Tornouse a capital do imperio no [[1868]] coa actual designación. Sofreu grande destrución dúas veces; unha no [[1923]], cando foi atinxida por un [[terremoto]]; e outra no [[1944]] e [[1945]], cando bombardeos americanos destruíron grande parte da cidade e mataron máis de 150 mil persoas.
 
Aínda que Toquio sexa considerada unha das [[cidades globais|cidades máis importantes]], movimentadas e densamente habitadas do mundo, ela non é, tecnicamente, unha cidade. Non hai no Xapón unha cidade chamada "Toquio". Na verdade, Toquio é designada como unha metrópole (都 - to), similar a unha prefectura do Xapón (県 - ken), e é constituída de 23 barrios (区 - ku), 26 cidades primarias (市 - shi), 5 cidades secundarias (町 - cho ou machi) e oito vilas diferentes (村 - son orou mura). Cada unha delas posúe un goberno que opera a nivel rexional. É parte de Toquio tamén pequenas illas no [[Océano Pacífico]], localizadas a máis de mil km sur, nos subtrópicos.
 
Máis de 8 millóns de persoas viven nos [[Barrios de Toquio|23 distritos autónomos]] que constitúen a parte central de Toquio. Estes 23 distritos definen a "Cidade de Toquio", na opinión da maioría dos especialistas e outras persoas. Estes 23 distritos posúen 8.340.000 habitantes. A poboación de Toquio aumenta en 2,5 millóns ao longo do día, debido aos estudantes e traballadores de prefecturas veciñas, que van á Toquio para estudar e traballar. A poboación total dos barrios de [[Chiyoda, Tōkyō|Chiyoda]], [[Chūō, Tōkyō|Chūō]] e [[Minato, Tōkyō|Minato]], que compón a rexión central de Toquio, e onde está localizado o principal centro financeiro do país, é de menos de 300 mil habitantes; porén, máis de 2 millóns de persoas traballan na rexión.