Ebolavirus: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Bot: Cambio o modelo: Harvnb; cambios estética
Liña 44:
}}</ref> e en 2010, o xénero foi emendado.<ref name=KuhnArch/>
 
== Criterios de inclusión no xénero ==
Un virus da familia ''[[Filoviridae]]'' é membro do xénero ''Ebolavirus'' se cumpre os seguintes criterios:<ref name=KuhnArch/>
* o seu xenoma ten varios solapamentos de [[xene]]s;
Liña 52:
* os seus virións non mostran case ningunha reactividade antixénica cruzada cos virións de marburgvirus.
 
== Organización do xénero ==
O xénero ''Ebolavirus'' está organizado en cinco especies; con todo, a súa nomenclatura é algo controvertida, e moitos autores seguen usando os nomes comúns en vez dos nomes das especies para referirse a estes virus.<ref name=KuhnArch/> En particular, o termo xenérico "virus Ebola" é amplamente usado para referirse especificamente aos membros da especie ''Ebolavirus Zaire''. En consecuencia, en 2010, un grupo de investigadores recomendou que o nome "virus Ebola" fose adoptado para unha subclasificación por debaixo do nivel de especie.<ref>A proposta feita por Kuhn et al. en 2010 suxería especificamente que ao nome "virus Ebola" se lle dese o rango taxonómico de "Virus" dentro da especie ''Zaire ebolavirus''. Na súa proposta, un "virus Ebola" sería calquera membro da especie ''Zaire ebolavirus'' cuxo xenoma diverxise da variante tipo ''Zaire ebolavirus'' (Mayinga) en menos do 10%. En xeral, os membros da especie ''Zaire ebolavirus'' poderían diverxir xenetricamente da variante tipo Mayinga ata un 30%. Como resultado, esta proposta convertía o "virus Ebola" nun subconxunto da especie ''Zaire ebolavirus'' en vez dun sinónimo da especie (aínda que dentro da "especie" só se distinguía un "virus"). A distinción de tratar o termo "virus Ebola" como un subconxunto da especie en vez de como un sinónimo da especie raramente se usa.</ref> Pero en cada "especie" do xénero só se distinguía un só "virus".<ref name=KuhnArch/> O nome da especie escríbese en cursiva e o do virus non. Os únicos que teñen abreviatura son os virus. En 2011, o [[ICTV|Comite Internacional de Taxonomía de Virus]] (ICTV) rexeitou a proposta (2010.010bV) que se fixera para recoñecer formalmente estes nomes, xa que o Comité non designa nomes para subtipos, variantes, cepas, ou outros agrupamentos a nivel de subespecie (que os especialistas usan).<ref>{{cite web|title=Replace the species name Lake Victoria marburgvirus with Marburg marburgvirus in the genus Marburgvirus|url=http://talk.ictvonline.org/files/ictv_official_taxonomy_updates_since_the_8th_report/m/vertebrate-official/4171.aspx}}</ref> Por tanto, os nomes comúns amplamente usados na práctica non son formalmente recoñecidos como parte da nomenclatura taxonómica "oficial". En concreto, no caso do "virus Ebola", este non ten un nome oficial recoñecido polo ICTV, o cal continúa usando e recomendando só o nome específico ''Ebolavirus Zaire'' (en inglés ''Zaire ebolavirus'').<ref>{{cite web|url=http://ictvonline.org/virusTaxonomy.asp|title=Virus Taxonomy: 2013 Release|author=International Committee on Taxonomy of Viruses}}</ref>
 
{| class="sortable wikitable"
Liña 84:
|}
 
== Clasificación ==
[[Ficheiro:Ebola virus virion.jpg|miniatura|Micrografía electrónica dun virión de virus Ebola.]]
[[Ficheiro:Filovirus phylogenetic tree.svg|miniatura|[[Árbore filoxenética]] que compara ''Ebolavirus'' e ''Marburgvirus''. Os número indican a porcentaxe de confianza das ramas.]]
Liña 96:
; ''[[virus Sudán|Ebolavirus Sudán]]'' (contén o virus Sudán, SUDV): Igual que o virus Zaire, o SUDV apareceu en 1976, e ao principio pensouse que era identico á especie Zaire.<ref name=Lancet2011> Feldmann, H.; Geisbert, T. W. (2011). "Ebola haemorrhagic fever". The Lancet 377 (9768): 849–862. doi:10.1016/S0140-6736(10)60667-8. PMID 21084112.</ref> O SUDV crese que empezou en traballadores dunha fábrica de algodón en Nzara, [[Sudán]] (hoxe en [[Sudán do Sur]]), e o primeiro caso foi o dun traballador exposto a un reservorio natural potencial. Os científicos examinaron os insectos e outros animais locais, mais ningún deu positivo para o virus. O portador aínda é descoñecido. A falta de barreiras contra o contaxio durante a atención médica (ou "illamento de camas") facilitou o espallamento da enfermidade. O estalido máis recente ocorreu en 2004. Confirmáronse 20 casos en Yambio, Sudán, dos que cinco morreron. As taxas medias de mortalidade da infección por SUDV foron o 54% en 1976, o 68% en 1979, e o 53% en 2000 e 2001.
 
; ''[[virus Reston|Ebolavirus Reston]]'' (contén o virus Reston, RESTV): Este virus descubriuse durante o estalido epidémico do [[virus da febre hemorráxica de simios]] (SHFV) en [[Macaca fascicularis|macacos cangrexeiros]] que tiñan os [[Covance|Hazleton Laboratories]] (hoxe Covance) en [[Reston, Virxinia]], EUA en 1989. Desde o estalido inicial en [[Virxinia]], volveuse a dar en primates non humanos en [[Pennsylvania]], [[Texas]], e [[Siena]], [[Italia]]. En todos os casos, os animais afectados foran importados dunha instalación de [[Filipinas]].<ref name="KnownCasesCDC">{{Cite web|url=http://www.cdc.gov/ncidod/dvrd/spb/mnpages/dispages/ebola/ebolatable.htm|title=Known Cases and Outbreaks of Ebola Hemorrhagic Fever|accessdate=2008-08-02|author=Special Pathogens Branch CDC|date=2008-01-14|publisher=Center for Disease Control and Prevention}}</ref> Posteriormente, en Filipinas o virus tamén afectou a [[porco]]s.<ref>{{cite news|url=http://www.nytimes.com/2009/01/24/health/24ebola.html|title=Pig-to-Human Ebola Case Suspected in Philippines|accessdate=2009-01-26|date=2009-01-24|publisher=New York Times | first=Donald G. | last=McNeil Jr}}</ref> Malia a súa consideración como organismo de Nivel 4 de [[bioseguridade]] e a súa aparente [[patóxeno|patoxenicidade]] en monos, o REBOV non causou a enfermidade en ningún dos humanos expostos nos laboratorios.<ref>{{harvnbCita Harvard sen parénteses|McCormick|Fisher-Hoch|1999|p=300}}</ref>
 
; ''[[virus Taï Forest|Ebolavirus Bosque Taï]]'' (contén o virus Bosque Taï, TAFV): Antes denominado ''Côte d'Ivoire ebolavirus'', descubriuse nos [[chimpancé]]s do [[Parque Nacional de Taï]] de [[Costa do Marfil]], [[África]], en 1994, polo que se lle acabou chamado virus Bosque Taï (ou Taï Forest). As [[autopsia]]s mostraron que o sangue no corazón tiña cor castaña; non había signos evidentes nos órganos; e nunha das necropsias os pulmóns estaban cheos de sangue. Os estudos dos tecidos extraídos dos chimpancés mostraron resultados similares aos dos casos humanos do brote de Ebola de 1976 en Zaire e Sudán. A medida que se atoparon máis chimpancés mortos, moitos deron positivo para o Ebola utilizando técnicas moleculares. A fonte dos virus crese que foi a carne de monos colobos occidentais infectados (''[[Procolobus badius]]'') que os chimpancés depredaron. Unha das científicas que realizaron as autopsias dos chimpancés infectados contraeu o Ebola, e desenvolveu síntomas similares aos do [[dengue]] aproximadamente unha semana despois de que realizase a autopsia, tardou en curar seis semanas desde a infección, das cales dúas foron de hospitalización.<ref>{{Cite book|last=Waterman|first=Tara|title=Ebola Cote D'Ivoire Outbreaks|url=http://virus.stanford.edu/filo/eboci.html|accessdate=2009-05-30|year=1999|publisher=Stanford University}}</ref>
Liña 102:
; ''[[virus Bundibugyo|Ebolavirus Bundibugyo]]'' (contén o virus Bundibugyo, BDBV): En 2007, confirmouse un estalido epidémico de [[enfermidade do virus Ebola|febre de Ebola]] no [[distrito de Bundibugyo]] en [[Uganda]]. A [[Organización Mundial da Saúde]] confirmou a presenza desta nova especie unha vez que se realizaron probas ás mostras nos Laboratorios de Referencia Nacionais dos Estadsos Unidos e nos [[Centers for Disease Control and Prevention|CDC]]. En 2008, anunciouse o fin da epidemia en Bundibugyo.<ref>{{Cita novas|título=End of Ebola outbreak in Uganda|editor=World Health Organization|data=2008-02-20|url=http://www.who.int/csr/don/2007_02_20b/en/index.html}}</ref> Un estudo epidemiolóxico realizado pola OMS e o ministerio ugandés de Sanidade determinou que houbera 116 casos confirmados e probables da nova especie de Ebola, e que a taxa de mortalidade fora do 34% (39 falecidos).<ref>{{Cite journal|author=Wamala, J; Lukwago, L; Malimbo, M; Nguku, P; Yoti, Z; Musenero, M; Amone, J; Mbabazi, W; Nanyunja, M; Zaramba, S; Opio, A; Lutwama, J; Talisuna, A; Okware, I;|title=Ebola Hemorrhagic Fever Associated with Novel Virus Strain, Uganda, 2007–2008 | year = 2010 | journal = Emerging Infectious Disease | volume = 16 | issue = 7 | url = http://www.cdc.gov/eid/content/16/7/1087.htm | accessdate = 2010-06-24|ref=harv }}</ref>
 
== Evolución ==
A velocidade de cambio xenético nestes virus é cen veces menor que no virus da [[influenza A]] en humanos, pero da mesma magnitude que a do virus da [[hepatite B]]. Facendo unha [[reloxio molecular|extrapolación cara ao pasado]] utilizando estas velocidades vese que o Ebolavirus e [[Marburgvirus]] diverxeron hai varios miles de anos.<ref> Suzuki, Y; Gojobori (1997). "The origin and evolution of Ebola and Marburg viruses". Molecular Biology and Evolution 14 (8): 800–6. PMID 9254917. </ref> Porén, os [[paleovirus]] (fósiles xenómicos) de [[filovirus]] (Filoviridae) encontrados en mamíferos indican que esta familia ten unha antigüidade de polo menos dez millóns de anos.<ref name="Cite pmid| 20569424"> Taylor, D.; Leach, R.; Bruenn, J. (2010). "Filoviruses are ancient and integrated into mammalian genomes". BMC Evolutionary Biology 10: 193. doi:10.1186/1471-2148-10-193. PMC 2906475. PMID 20569424.</ref>
 
== Investigacións ==
Un estudo de 2013 illou [[anticorpo]]s de [[Megaquirópteros|morcegos da froita]] en [[Bangladesh]] específicos contra os virus Ebola Zaire e Reston, identificando así potenciais hóspedes víricos e signos da presenza de filovirus en Asia.<ref>{{cite journal|url=http://wwwnc.cdc.gov/eid/article/19/2/12-0524_article|title=Ebola Virus Antibodies in Fruit Bats, Bangladesh|publisher=CDC|year=2013|journal=Emerging Infectious Disease|volume=19|issue=2|authors=Kevin J. Olival, Ariful Islam, Meng Yu, Simon J. Anthony, Jonathan H. Epstein, Shahneaz Ali Khan, Salah Uddin Khan, Gary Crameri, Lin-Fa Wang, W. Ian Lipkin, Stephen P. Luby, and Peter Daszak|doi=10.3201/eid1902.120524}}</ref>
 
== Notas ==
{{Listaref|30em}}
 
=== Ligazóns externas ===
{{Commons}}
* [http://talk.ictvonline.org/default.aspx ICTV Files and Discussions - Discussion forum and file distribution for the International Committee on Taxonomy of Viruses]
 
[[Categoría:Virus]]