Colectivo Loia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 7:
 
== Traxectoria ==
'''O grupocolectivo poético Loia''' (nome proposto por [[Manuel Rivas]]) naceu no ambiente universitario de [[Madrid]] nos anos setenta, formado por estudantes galegos residentes na capital de España<ref>[http://vieiros.com/nova.php?Ed=1&id=50151 "Dez anos da morte de Lois Pereiro"], artigo en ''[[Vieiros]]'' (24/05/2006). Consultado o 9 de Febreiro de 2015.</ref>. Tratábase dun conxunto de mozos galegos afincados fóra da súa terra, impulsores e partícipes dunha iniciativa cultural. Asociados á [[contracultura]] [[underground|''underground'']]'','' urbana e universitaria madrileña, apostaron pola innovación nun tempo de moitos cambios políticos, de experimentación e de procura de novos vieiros de expresión.<br />
 
[[File:ManuelRivas.jpg|miniatura|esquerda|200px|Manuel Rivas]]
Liña 15:
Podemos destacar o [[Grupo Rompente]], que gardaba semellanzas con Loia nos seus obxectivos, actitude e posición ideolóxica. Compartían tamén o interese por autores da vangarda, poetas bohemios, teóricos revolucionarios e poetas galegos como [[Manuel Antonio]]. Os dous grupos tiñan diferenzas, mais asumían o compromiso coa memoria da nación e a denuncia dos totalitarismos. Caracterizábanse por crear unha estética propia, dando moita importancia ao aspecto visual, mediante a autoedición das súas publicacións.<br />
 
'''O colectivogrupo Loia''' editou en [[Madrid]] unha revista cultural do mesmo nome, vangardista e experimental, na que apostaron pola periodicidade, a autoedición e un formato [[underground|''underground'']]. Esta publicación galega alternativa naceu do traballo de mozos e mozas con inquietudes culturais similares que pretendían que ''Loia'' fose distinta dos demais manifestos da época contrarios ao sistema.<br />
 
O colectivo Loia desaparece despois da publicación do cuarto número da súa revista, no ano 1978, cando varios dos integrantes volveron a [[Galicia]] e outros ficaron en [[Madrid]], quedando no camiño de construír un grupo que podería considerarse sólido e xeracional. No tempo que durou o colectivo e a súa revista, conseguiron crear un espazo para a experimentación creativa e a expresión de novos autores e artistas. Anos despois o grupo reapareceu na [[A Coruña|Coruña]] nunha segunda etapa.