Colectivo Loia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 22:
'''A revista ''Loia''''', creada polo colectivo poético do mesmo nome nos anos setenta, foi unha publicación monolingüe galega, de periodicidade moi irregular. É considerada un [[fanzine|''fanzine'']], non soamente unha [[revista literaria]], por tratarse dunha publicación alternativa en papel, autoeditada, autodistribuída e sen finalidade comercial. Foi unha iniciativa de [[Manuel Rivas]], os irmáns [[Lois Pereiro|Lois]] e [[Xosé Manuel Pereiro]] e [[Antón Patiño Pérez|Antón Patiño]]. <br />
 
''Loia'' foi o primeiro dos ''fanzines'' e revistas nos que participarían, por exemplo, [[Manuel Rivas]] e [[Xosé Manuel Pereiro]], que despois formarían parte de publicacións como [[La Naval|''La Naval'']], [[Revista Bravú|''Bravú'']] ou [[Luzes de Galiza|''Luzes de Galiza'']]. Varios integrantes do grupo, como [[Manuel Rivas|Rivas]] ou [[Lois Pereiro]], publicaron nesta revista as súas primeiras composicións.<br />
 
Nos anos setenta xurdiu un considerable número de publicacións como vía de difusión dunha produción lírica emerxente, como [[Coordenadas (revista)|''Coordenadas'']] e [[Dorna (revista)|''Dorna'']], acollendo a novas voces dentro da poesía galega. ''Loia'' destaca por ter a súa sede fóra do territorio galego, constituíndose como un referente para a mocidade galega que vivía na capital.<br />