Colectivo Loia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 4:
O grupo estaba formado principalmente por [[Lois Pereiro]], [[Xosé Manuel Pereiro]], [[Manuel Rivas]] e [[Antón Patiño Pérez]]<ref>{{Cita web | url=http://www.farodevigo.es/opinion/2010/07/12/lois-pereiro-2011/455366.html | título=Lois Pereiro 2011 |data=12/07/2010 |autor=Bragado,Manuel| dataacceso=12 de abril de 2015}}</ref>. Coñecéronse no ambiente universitario de Madrid, por compartir facultade (no caso de Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro, estudantes da Facultade de Ciencias da Información), por lazos familiares (os irmáns Pereiro) ou por amigos comúns. Todos eles formaron un equipo de novos talentos, de diferentes idades, no que se xuntaron arte, xornalismo e literatura.<br />
 
A revista ''Loia'' contou, ademais, cunha longa listaxe de colaboracións, non soamente de escritores, senón tamén de artistas e mesmo colaboradores nin sequera ligados a eses campos naquel momento. Podemos mencionar as participacións de [[Fermín Bouza Álvarez]], [[Menchu Lamas]], [[Delfín Mariño]], [[Antón Pulido Novoa]], [[João Guisan Seixas|João Guisán Seixas]], [[Vicente Araguas]], [[Xosé Lois Bilbao]], [[Millán Neira]], [[Reimundo Patiño]], [[María Rivas]] e [[Pedro Iglesias]], entre outras.
 
== Traxectoria ==