Colectivo Loia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 8:
== Traxectoria ==
'''O grupo poético Loia''' (nome proposto por [[Manuel Rivas]]) naceu no ambiente universitario de [[Madrid]] nos anos setenta, formado por estudantes galegos residentes na capital de España<ref>[http://vieiros.com/nova.php?Ed=1&id=50151 "Dez anos da morte de Lois Pereiro"], artigo en ''[[Vieiros]]'' (24/05/2006). Consultado o 9 de Febreiro de 2015.</ref>. Tratábase dun conxunto de mozos galegos afincados fóra da súa terra, impulsores e partícipes dunha iniciativa cultural. Asociados á [[contracultura]] [[underground|''underground'']]'','' urbana e universitaria madrileña, apostaron pola innovación nun tempo de moitos cambios políticos, de experimentación e de procura de novos vieiros de expresión.<br />
 
[[File:ManuelRivas.jpg|miniatura|esquerda|200px|Manuel Rivas]]
 
O fin da [[Franquismo|ditadura franquista]] e o comezo da [[Transición Española|Transición española]] marcaron esta época, propiciando o nacemento dunha nova etapa e a chegada do aperturismo e a innovación. Un tempo moi marcado pola política e a recuperación das liberdades. Naqueles anos, concretamente a partir de [[1975]], xusto no esmorecer da [[Franquismo|ditadura]], apareceron moitos colectivos poéticos que foron unha inspiración para outras manifestacións culturais da época, ademais de partícipes da recuperación cultural. Podemos mencionar, ademais de Loia, grupos como [[Colectivo Alén|Alén]], [[Cravo Fondo|Cravo Fondo]] e [[Grupo Rompente|Rompente]].<br />
Liña 27 ⟶ 29:
 
A respecto das labores dos principais membros do grupo na revista, o papel de cada un deles estableceuse, en xeral, da seguinte forma. [[Xosé Manuel Pereiro]] e [[Antón Patiño Pérez|Antón Patiño]] eran os encargados do deseño. [[Xosé Manuel Pereiro]], ademais, realizaba un importante labor de organización e era o principal responsábel da maquetación. Por outra banda, [[Manuel Rivas]] era semellante a un director, propoñendo as colaboracións, e, xunto con [[Lois Pereiro]], encargábase da labor poética.<br />
 
[[File:Lois Pereiro.jpg|miniatura|dereita|300px|Lois Pereiro]]
 
Este [[fanzine|''fanzine'']] con contidos culturais tiña unha tiraxe moi pequena e contou con catro números publicados en Madrid entre [[1975]] e [[1978]]<ref>[http://consellodacultura.gal/mediateca/extras/facsimile_loia.pdf Facsímile da revista ''Loia''. Mediateca do Consello da Cultura Galega]</ref>. O primeiro número da revista viu a luz a finais de [[1975]], cun cento de exemplares e unha portada coa filmografía de [[Tarzán]]. O segundo número sairía en xuño do ano seguinte, cunha foto dun cuarto na portada e con exemplares numerados, afondando no contido do primeiro. Estes primeiros números contaban con elementos feitos a man nos mesmos exemplares.<br />