Diferenzas entre revisións de «Wikipedia:Edita con afouteza»

sen resumo de edición
m
A [[Wikipedia]] anima a todas as persoas que a consultan a que '''teñan afouteza e se lancen a completar a enciclopedia'''. As [[wiki]]s, como a nosa [[Galipedia]], desenvólvense máis rapidamente cando todo o mundo axuda a arranxar problemas, corrixir a [[ortografía]], engadir información, redactar axeitadamente, etc. Sería fabuloso que ''todo o mundo'' se lanzase e axudase a facer da Wikipedia unha enciclopedia mellor. Cantas veces lechesliches un artigo e pensaches «por que esta páxina non está corrixida ou se amplía»? A Wikipedia non só che permite crear, revisar e modificar artigos: ''agardamos'' que o fagas. Isto require que todo o mundo actúe cunha certa responsabilidade, pero funciona. Xa o verás! Naturalmente, outras persoas modificarán o que escribas aquí. [[Wikipedia:Asuma a boa fe|Non o tomes a mal]]! Como todas as persoas que xa colaboramos, só desexamos que sexa a mellor enciclopedia posible.
 
Igualmente, cando vexas un problema nunha páxina de conversa, non te resignes a ser unha simple espectadora. Lánzate, opina e axuda a resolvelo!
 
==Lanzarse á piscina==
Aínda que a audàciaaudacia das persoas colaboradoras é un dos activos da Wikipedia, tamén é importante que teñan sentido común e non editen de forma temeraria. Calquera cambio que fagas e non saíse ben pode ser revertido, xeralmente sen problemas. Procúrase non desmoralizar as persoas editoras con cambios revertidos ou modificados substancialmente. Pero hai algúns cambios significativos que poden permanecer moito tempo e que poden ser máis difíciles de arranxar se xorde a necesidade. Se dubidas, simplemente pide axuda sen medo.
 
Posiblemente é máis fácil decatarse de que algo non está ben, máis ca saber exactamente ''o que estaría ben''. Non é un requisito que todo o mundo se lance. Despois de todo, comentar que nun artigo hai algo incorrecto pode ser o primeiro paso para arranxalo. Amais, é certo que os problemas seguramente se arranxarán, e probablemente de forma máis rápida, se alguén é afoutado abondo como para intentar facelo por si mesmo.
 
===Espazo Modelo===
Lanzarse a facer cambios en [[Wikipedia:Modelos|modelos]] pode ter consecuencias de grande alcance. Isto de´besedébese a que os cambios nun modelo poden afectar a un gran número de páxinas cunha soa modificación; amais algúns modelos forman parte de sistemas extensos e uniformes de modelos, como as [[Wikipedia:Táboas|táboas]] ou os [[Wikipedia:Borrador|borradores]]. Por outra banda, os modelos poden ter un código fonte complexo que se pode romper facilmente con cambios non probados (aínda que afortunadamente se poden recuperar cunha simple reversión).
 
Por estes motivos, moitos modelos amplamente utilizados poden estar protexidos de forma indefinida para non modificalos. Antes de modificar un modelo, pensa en propor os cambios na páxina de conversa correspondente, e se é o caso, anuncialo no [[Wikipedia:Wikiproxecto|Wikiproxecto]] correspondente.
 
===Espazo Portal===
Para cambios de deseño, bótalle un ollo á sección seguinte. Fíxate en que o esquema de cores utilitadasutilizadas en [[PortalModelo:Índice portais|portais]] pode non ser necesariamente arbitrario. Por exemplo, un portal relacionado cun país pode utilizar as cores da bandeira propia. É unha boa práctica propor antes os cambios de deseño na páxina de discusión.
 
===Cambios de deseño===
Cómpre ter coidado antes de facer cambios importantes no deseño de certas páxinas que non son artigos. É mellor probar antes os cambios (na [[Wikipedia:Zona de probas|páxina de probas]] do teu espazo de usuario ou nunha subpáxina da páxina en cuestión), e discutir o cambio proposto con outros editores antes de levalo a cabo. Cando diferentes usuarios editan o deseño destas páxinas, os diferentes planos poden estar en conflito e a páxina pode empeorar máis ca mellorar.
 
Isto pasa especialmente en páxinas altamente visitadas, como as ligadas desde as caixas de navegación á esquerda da pantalla. Adoitan usar formatos complicados para transmitir a súa información e poden requerirrequirir certo esforzo para facelos cómodos de usar ás persoas usuarias. Amais algunhas páxinespáxinas pertencen a coleccións cun formato pensado para ser uniforme. Non se deberían facer cambios non consensuados no deseño destes tipos de páxinas. Os exemplos inclúen a Páxina Principal (que nalgún caso se protexe de forma permanente), o [[Wikipedia:Portal da comunidade|Portal da comunidade]] ou o grupo que consta de Portal:Contidos e as súas subpáxinas. Isto non se aplica a artigos ou portais normais.
 
Como exemplos poden citarse a [[Portada]] (que está permanenmentepermanentemente protexida), o [[Wikipedia:Portal da comunidade|Portal da comunidade]], a [[Wikipedia:Artigos de calidade|páxina de artigos de calidade]], a [[Wikipedia:Actualidade|páxina de actualidade]] ou a [[Portada]]. Non é o caso de artigos ou portais enciclopédicos.
 
==Véxase tamén==
*[[Wikipedia:Libro de estilo]]
*[[Wikipedia:Ignore todas as regras]]
 
 
[[Categoría:Wikipedia|Edita con afouteza]]
200.227

edicións