Colectivo Loia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 11:
'''O grupo poético Loia''' (nome proposto por [[Manuel Rivas]]) naceu no ambiente universitario de [[Madrid]] nos anos setenta, formado por estudantes galegos residentes na capital de España<ref>[http://vieiros.com/nova.php?Ed=1&id=50151 "Dez anos da morte de Lois Pereiro"], artigo en ''[[Vieiros]]'' (24/05/2006). Consultado o 9 de Febreiro de 2015.</ref>. Tratábase dun conxunto de mozos galegos afincados fóra da súa terra, impulsores e partícipes dunha iniciativa cultural. Asociados á [[contracultura]] [[underground|''underground'']] madrileña, apostaron pola innovación nun tempo de moitos cambios políticos, de experimentación e de procura de novos vieiros de expresión.

Naquela época apareceron varios grupos que foron unha inspiración para outras manifestacións culturais da época. Podemos destacar o [[Grupo Rompente]], que gardaba semellanzas con Loia nos seus obxectivos, actitude e posición ideolóxica. Os dous grupos tiñan diferenzas, peromais asumían o compromiso coa memoria da nación e a denuncia dos totalitarismos, e se caracterizaban por crear una estética propia mediante a autoedición das súas publicacións.

'''O colectivo Loia''' editou en Madrid unha revista do mesmo nome, vangardista e experimental, na que apostaron pola periodicidade e un formato [[underground|''underground'']]. A revista naceu do traballo de mozos con inquietudes culturais similares que pretendían que Loia fose distinta dos demais manifestos da época contrarios ao sistema.

Liña 28:
Xosé Manuel Pereiro, Antón Patiño e Menchu Lamas, eran os encargados do deseño; Manuel Rivas era o principal responsábel da redacción e Lois Pereiro encargábase dos poemas.

O primeiro número da revista viu a luz a finais de [[1975]], cun cento de exemplares e unha portada coa filmografía de [[Tarzán]]<ref>[http://consellodacultura.gal/mediateca/extras/facsimile_loia.pdf Facsímile da revista ''Loia''. Mediateca do Consello da Cultura Galega]</ref>. O segundo número sairía en xuño do ano seguinte, e afondou no contido do primeiro. O terceiro dobrou en número de páxinas aos anteriores, e nel apreciábase un notábel traballo, tanto dos catro impulsores como dos seus colaboradores, ademais dunha mellora de calidade. Despois da publicación dun cuarto número do que chegaron a editar 500 exemplares, ''Loia'' terminou por desaparecer no ano [[1978]]. Os motivos, ademais da marcha de varios integrantes do grupo, foron económicos.

Despois da publicación dun cuarto número do que chegaron a editar 500 exemplares, ''Loia'' terminou por desaparecer no ano [[1978]]. Os motivos, ademais da marcha de varios integrantes do grupo, foron económicos.

No [[1996]], ano da morte de [[Lois Pereiro]], saíu á luz ''Poemas para unha Loia'', que recolle as súas publicacións na revista<ref>[http://www.elmundo.es/elmundo/2010/06/26/galicia/1277567952.html "El poeta monfortino Lois Pereiro protagonizará el Día das Letras Galegas de 2011"] (en castelán), artigo en ''El Mundo'' (27/06/2010). Consultado o 16 de Febreiro de 2015.</ref>.