Colectivo Loia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 4:
 
== Integrantes ==
O grupo estaba formado principalmente por [[Lois Pereiro]], [[Xosé Manuel Pereiro]], [[Manuel Rivas]] e [[Antón Patiño Pérez]]<ref>{{Cita web | url=http://www.farodevigo.es/opinion/2010/07/12/lois-pereiro-2011/455366.html | título=Lois Pereiro 2011 |data=12/07/2010 |autor=Bragado,Manuel| dataacceso=12 de abril de 2015}}</ref>.<br />
 
A revista ''Loia'' contou, ademais, coas colaboracións de [[Fermín Bouza Álvarez]], [[Manuel G. Casas]], [[Menchu Lamas]], [[Delfín Mariño]], [[Antón Pulido Novoa]], [[João Guisan Seixas]], [[Vicente Araguas]], [[Millán Neira]], [[Reimundo Patiño]] e [[Pedro Iglesias]], entre outros.
 
== Traxectoria ==
'''O grupo poético Loia''' (nome proposto por [[Manuel Rivas]]) naceu no ambiente universitario de [[Madrid]] nos anos setenta, formado por estudantes galegos residentes na capital de España<ref>[http://vieiros.com/nova.php?Ed=1&id=50151 "Dez anos da morte de Lois Pereiro"], artigo en ''[[Vieiros]]'' (24/05/2006). Consultado o 9 de Febreiro de 2015.</ref>. Tratábase dun conxunto de mozos galegos afincados fóra da súa terra, impulsores e partícipes dunha iniciativa cultural. Asociados á [[contracultura]] [[underground|''underground'']] madrileña, apostaron pola innovación nun tempo de moitos cambios políticos, de experimentación e de procura de novos vieiros de expresión.<br />
 
Naquela época apareceron varios grupos que foron unha inspiración para outras manifestacións culturais da época. Podemos destacar o [[Grupo Rompente]], que gardaba semellanzas con Loia nos seus obxectivos, actitude e posición ideolóxica. Os dous grupos tiñan diferenzas, pero asumían o compromiso coa memoria da nación e a denuncia dos totalitarismos, e se caracterizaban por crear una estética propia mediante a autoedición das súas publicacións.<br />