Colectivo Loia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 26:
A pesar da modestia propia deste tipo de publicacións e da escaseza dos seus recursos, o deseño e as artes plásticas tiñan especial importancia en ''Loia'', incluíndo, ademais de composicións literarias, formas como o cómic, a colaxe, o grafito, fotografías, debuxos en branco e negro e ilustracións. Tentaban crear unha mensaxe nova, oposta aos versos sobre fondo branco dos libros de poesía.<br />
 
Xosé Manuel Pereiro, Antón Patiño e a súa parella, Menchu Lamas, eran os encargados do deseño; Manuel Rivas era o principal responsábel da redacción e Lois Pereiro encargábase dos poemas.<br />
 
O primeiro número da revista viu a luz a finais de [[1975]], cun cento de exemplares e unha portada coa filmografía de [[Tarzán]]<ref>[http://consellodacultura.gal/mediateca/extras/facsimile_loia.pdf Facsímile da revista ''Loia''. Mediateca do Consello da Cultura Galega]</ref>. O segundo número sairía en xuño do ano seguinte, e afondou no contido do primeiro. O terceiro dobrou en número de páxinas aos anteriores, e nel apreciábase un notábel traballo, tanto dos catro impulsores como dos seus colaboradores, ademais dunha mellora de calidade.<br />