Leônidas da Silva: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
Engadido o primer equipo profesional do xogador.
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Coñecido como o "[[Diamante]] Negro" ou o "Homem de borracha", Leônidas da Silva comezou a súa carreira en equipos locais en [[Río de Xaneiro - Rio de Janeiro|Rio]]. DespoisMentres xogaba ó [[:pt:Bonsucesso_Futebol_Clube|Bonsucesso]], despois de facer dous goles na súa estrea vestindo a camisola amarela da [[Selección de fútbol de Brasil|Selección Brasileira]], foi xogar para o [[Peñarol]] do [[Uruguai]] en [[1933]]. Despois dun ano, volveu ao Brasil para xogar para o [[Club de Regatas Vasco da Gama|Vasco da Gama]], ao cal axudou a gañar campionatos. Despois de xogar o seu segundo [[Mundial de Fútbol Italia 1934|mundial]], en [[1934]], foi xogar co [[Botafogo de Futebol e Regatas|Botafogo]] e gañou outro Campeonato Brasileiro en [[1935]]. No ano seguinte, foi para o [[Clube de Regatas do Flamengo|Flamengo]], onde ficou ata o [[1942]]. En [[1938]], foi o máximo anotador da [[Mundial de Fútbol Francia 1938|Copa do Mundo]] con 8 goles, incluíndo catro marcados contra a [[Selección de fútbol de Polonia|Polonia]]. Iso fixo del o primeiro xogador da historia en marcar catro goles nun único encontro da Copa do Mundo. Na semifinal, contra a [[Selección de fútbol de Italia|Italia]] o adestrador brasileiro reservou a Leônidas para a final. Brasil perdeu ese encontro por 2-1 . Remataría a súa carreira xogando para o [[São Paulo Futebol Clube|Sao Paulo]].
 
Segundo se di, moitas xogadas populares hoxe en día partiron da súa imaxinación, coma a [[tesoira]] ou a [[bicicleta]], aínda que el mesmo só se consideraba o perfeccionador desta última, xa que o inventor sería [[Petronilho de Brito]].