Coroa checoslovaca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 104:
::''Véxase tamén'': [[Moedas da coroa checoslovaca (1919)]] e [[Billetes da coroa checoslovaca (1919)]].
 
A moeda chamada ''[[Coroa austrohúngara|Krone]]'' en [[idioma alemán|alemán]] e ''koruna'' en checo foi introducida no [[Imperio Austro-Húngaro]] o 11 de setembro de 1892, coma a primeira moeda moderna baseada no ouro nesa área. Tras a creación do estado independente de [[Checoslovaquia]] en 1918, xurdiu unha necesidade urxente de establecer un novo sistema monetario que distinguise a súa moeda das doutros países recen nacidos que sufrían moita inflación. O ano seguinte, o 10 de abril de 1919, tivo lugar unha reforma monetaria, que daba á nova ''coroa'' un valor equivalente á vella coroa austrohúngara. Os primeiros billetes entraron en circulación ese mesmo ano, as moedas tres anos despois, en 19221921.<ref name=Krause39>{{cita libro | autor=George Cuhaj | |título=2012 Standard Catalog of World Coins 1901-2000, 39th Edition |formato=pdf | ano=2011 | editor= Krause Publications |isbn= 978-1-4402-1572-8}}</ref>
 
Esta primeira coroa circulou ata 1939, cando as moedas separadas para [[Protectorado de Bohemia e Moravia|Bohemia e Moravia]] e [[República Eslovaca (1939-1945)|Eslovaquia]] apareceron, a par coa coroa checoslovaca. Estas foron a [[Coroa de Bohemia e Moravia]] e [[Coroa eslovaca#Historia|Coroa eslovaca de 1939-1945]].