Coroa checoslovaca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 118:
A coroa pasou por unha serie de novas reformas. Un particularmente drástica foi a realizada en 1953. Nese momento, o [[Partido Comunista de Checoslovaquia]] tivo que facer fronte ó feito de que había un mercado dobre no país: un mercado fixo para asegura-la dispoñibilidade de alimentos básicos baseado nun sistema de racionamento da posguerra, e un mercado libre, no que as mercadorías foron ata oito veces máis caras, pero de mellor calidade. Decidiron entón declarar unha reforma monetaria válida a partir de 1 de xuño de 1953 e distribuír novos billetes impresos na [[Unión Soviética]]. A reforma fora preparada moi rapidamente e foi confidencial ata o último minuto, pero aínda asi, filtrouse algunha información, causando un gran pánico entre a poboación.
 
A noite antes do prazo, o presidente de Checoslovaquia [[Antonín Zápotocký]] fixo un discurso de radio, no cal mentiu á nación afirmando que non había posibilidade algunha dunha reforma monetaria e calmou os habitantes. O día seguinte, aos xentecidadáns (queforon dificilmente encaixarían na categoría de "elementos capitalistas", unha categoría pexorativa a que a axencia de intelixencia usaba para vetar a certos individuos) foi autorizadaautorizados a cambiar ata 1.500 coroas vellas por novas coroas, cunha taxa de cambio de 5:1, por riba das 1.500 coroas a taxa de cambio era 50:1. Tódolos fondos de pensións e seguros de inversión, asi coma os bonos do estado foron anulados. A situación económica de moitas persoas empeorou e estalaron manifestacións, a maior das cales tivo lugar en [[Plzeň]], onde 472 persoas foron detidas.
 
En 1993, de acordo coa disolución da federación checoslovaca, a coroa de Checoslovaquia dividiuse en dúas moedas independentes: a [[coroa eslovaca]] e o [[coroa checa]]. A adhesión á UE en 2004 significaba que ambas moedas ían ser substituídas polo [[euro]] unha vez que os seus respectivos países cumpriran os criterios de converxencia económica e que existe a vontade política para facelo. A coroa eslovaca foi substituída polo euro o 1 de xaneiro de 2009; actualmente non existe ningunha data ou prazo confirmado para a substitución da coroa checa por parte do euro.
 
==References==