Coroa checoslovaca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 104:
::''Véxase tamén'': [[Moedas da coroa checoslovaca (1919)]] e [[Billetes da coroa checoslovaca (1919)]].
 
A moeda chamada ''[[Coroa austrohúngara|Krone]]'' en [[idioma alemán|alemán]] e ''koruna'' en checo foi introducida no [[Imperio Austro-Húngaro]] o 11 de setembro de 1892, coma a primeira moeda moderna baseada no ouro nesa área. Tras a creación do estado independente de [[Checoslovaquia]] en 1918, xurdiu unha necesidade urxente de establecer un novo sistema monetario que distinguise a súa moeda das doutros países recen nacidos que sufrían moita inflación. O ano seguinte, o 10 de abril de 1919, tivo lugar unha reforma monetaria, que daba á nova ''coroa'' un valor equivalente á vella coroa austrohúngara. Os primeiros billetes entraron en circulación ese mesmo ano, as moedas de tres anos despois, en 1922.
 
Esta primeira coroa circulou ata 1939, cando as moedas separadas para [[Protectorado de Bohemia e Moravia|Bohemia e Moravia]] e [[República Eslovaca (1939-1945)|Eslovaquia]] apareceron, a par coa coroa checoslovaca. Estas foron a [[Coroa de Bohemia e Moravia]] e [[Coroa eslovaca#Historia|Coroa eslovaca de 1939-1945]].