Blake Griffin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Traducido da wikipedia en lingua castelá (es:Blake Griffin)
Adorian (conversa | contribucións)
Liña 29:
=== Universidade ===
Xogou dúas tempadas cos ''Sooners'' da Universidade de Oklahoma, o seu estado nata, nas que fixo unha media de 18,8 puntos e 11,8 rebotes por partido.<ref>{{cita web|url=http://www.thedraftreview.com/index.php?option=com_content&task=view&id=3701|título=Perfil de Blake Griffin|editor=The Draft Review|dataacceso=30 de abril de 2015}}</ref> No seu primeiro ano no equipo foi incluído no mellor quinteto, tanto absoluto como de novatos, da Big 12 Conference, tras facer unha media de 14,7 puntos e 9,1 rebotes por encontro. Recibiu os premios de Mellor xogador do ano de Associated Press, o Premio John R. Wooden, o Premio Naismith e o Sporting News. Como Sam Bradford logrou o mesmo ano o Trofeo Heisman, os Oklahoma Sooners conseguiron ser a segunda universidade en ter aos gañadores do trofeo ao mellor xogador tanto en baloncesto como en fútbol americano no mesmo ano (Gary Beban gañou o Trofeo Heisman e [[Kareem Abdul-Jabbar]] o USBWA "Player of the Year" en 1968 para [[UCLA Bruins|UCLA]]).
 
=== NBA ===
Foi seleccionado por [[Los Angeles Clippers]] no primeiro posto do [[Draft da NBA]] de [[2009]],<ref>{{cita web|url=http://www.nytimes.com/2009/06/26/sports/basketball/26nba.html?ref=sports|título=On a Day of Trades, the Draft’s Focus Is on Griffin and Guards|editor=New York Times|autor=Beck, Howard|data=25 de xuño de 2009|dataacceso=30 de abril|lingua=inglés}}</ref> e posteriormente, o [[9 de xullo]], facíase oficial a súa contratación por parte do equipo anxelino. En outubro de 2009 sufriu unha grave lesión de xeonllo que lle obrigou a apartarse das pistas durante toda a súa primeira tempada, aprazándose así o seu debut na [[NBA]], que se produciu o [[27 de outubro]] de [[2010]], conseguindo 20 puntos e 14 rebotes ante [[Portland Trail Blazers]]. O [[20 de novembro]] bate a marca de anotación para un ''rookie'' dos Clippers, ao conseguir 44 puntos nunha derrota ante [[New York Knicks]]. É elixido Rookie do Mes de novembro, tras facer unha media de 20,2 puntos e 11,6 rebotes por partido, liderando ambas as clasificacións de novatos. Debido ás súas habilidades para o mate, élle concedido o alcume de "High Griffinition". Foi seleccionado ademais para xogar o concurso de mates (Sprite Slam Dunk Contest) do All Star de 2011 e o [[All-Star da NBA|partido do All-Star]] celebrado no [[Staples Center]] dos [[Os Ánxeles|Ánxeles]], sendo seleccionado no seu ano rookie, un fito logrado por moi poucos xogadores na historia da [[NBA]].
 
Na [[Tempada 2012-13 da NBA|tempada 2012-13]], Griffin foi elixido como titular no NBA All-Star Game de 2012, xunto co seu compañeiro [[Chris Paul]]. Tamén foi seleccionado para participar no Rising Stars Challenge. Na primeira rolda Griffin axudou aos Clippers a gañarlles aos Grizzlies en 7 partidos, pero nas semifinais os San Antonio Spurs gañáronlles en 4. Griffin foi seleccionado para o equipo dos [[Xogos Olímpicos de 2012]] de [[Londres]], pero perdeunas por unha lesión. Ao ano seguinte voltou a ser seleccionado para o All-Star e clasificouse de novo co seu equipo para os Play-offs.
 
== Notas ==