Oferta e demanda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Inclusión de ligazóns
Liña 1:
{{wikificar}}{{sen referencias}}{{ligazóns internas}}
[[Categoría:Economía]]
En [[microeconomía]], a lei da oferta e da demanda é un modelo económico que establece os prezos de [[mercado]]. Segundo este concepto, nun mercado competitivo, o prezo unitario dun ben concreto varía até se asentar nun punto no que a cantidade demandada polos consumidores (a [[prezo]] actual) iguale a cantidade proporcionada polos produtores (tamén a prezo actual). Isto terá como resultado un equilibrio económico entre o prezo e a cantidade.
As catro normas básicas que regulan a oferta e a demanda son:
 
Liña 19:
 
==== ''' A curva de oferta ''' ====
A curva de oferta representa a relación entre o prezo dun ben e a cantidade ofertada. Se se parte da hipótese da competencia perfecta, a oferta vese determinada polo [[custo marxinal]], o que significa que as empresas producirán cantidades adicionais sempre que o custo desta produción de unidades extra sexa inferior ao prezo que cobrarán.
 
Un aumento dos prezos das materias primas provocaría o descenso da oferta e a consecuente subida dos custos, mentres que unha redución incrementaría esta oferta, baixaría os custos e prexudicaría aos produtores ao diminuír o excedente do produtor.
Liña 30:
Os factores determinantes da oferta son:
 
1. Os [[custos]] de [[produción]]: canto custa producir bens. Os custos de produción son aqueles relacionados cos custos dos factores produtivos, fundamentalmente a man de obra, o capital, a enerxía e os materiais. Estes dependen da tecnoloxía empregada na produción e/ou dos avances tecnolóxicos. Ver: produtividade.
 
2. As expectativas das empresas no que respecta aos prezos futuros.