Relatividade especial: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
agora faise en d:Wikidata
Sobreira (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
{{1000}}
A '''Teoría (Especial, Restrinxida ou RestrictaRestrita) da Relatividade''' (abreviadamente, relatividade especial ou restrinxida, RE), publicada pola primeira vez por [[Albert Einstein]] en [[1905]], describe a [[física]] do movemento en '''ausencia de [[Campo (física)|campos]] gravitacionais'''. Antes, a meirande parte dos físicos pensaban que a [[Mecánica Clásica|mecánica clásica]] de [[Isaac Newton]], baseada na chamada relatividade de [[Galileo Galilei|Galileo]](orixe das ecuacións matemáticas coñecidas como transformacións de Galileo) describía os conceptos de velocidade e forza para todos os observadores (ou [[sistema de referencia|sistemas de referencia]]). Porén, [[Hendrik Lorentz]] e outros, comprobaran que as [[ecuacións de Maxwell]], que gobernan o [[electromagnetismo]], non se comportaban en acordo ás leis de Newton cando o sistema de referencia muda (por exemplo, cando se considera o mesmo problema físico dende o punto de vista de dous observadores que se moven un en relación ó outro). A noción de [[transformación]] das leis da física en respecto ós [[observadores]] é a que da nome á teoría, que se axusta co cualificativo de especial ou restrinxida por cinxirse a casos de sistemas nos que non se teñen en conta campos gravitatorios. Unha extensión desta teoría é a [[Relatividade xeral|Teoría Xeral da Relatividade]], publicada igualmente por Einstein en [[1916]] e incluíndo os ditos campos.
[[Ficheiro:Albert Einstein 1979 USSR Stamp.jpg|miniatura|250px|]]