Acordos de Basilea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
Os '''Acordos de Basilea''' (Basilea I, Basilea II e Basilea III) son os acordos de supervisión bancaria ou recomendacións sobre regulación bancaria emitidos polo Comité de Supervisión Bancaria de Basilea (BCBS, siglas de Basel Committee on Banking Supervision). Reciben este nome polo lugar onde o BCBS mantén a súa secretaría do Banco de Pagos Internacionais e onde o comité se reúne con frecuencia, Basilea, (Suíza).
 
Índice [agochar]
 
1. O Comité de Basilea
 
2. Nomenclatura
 
3. Acordos
 
a. Basilea I
 
b. Basilea II
 
c. Basilea III
 
4. Referencias
 
 
 
== O Comité de Basilea ==
Liña 23 ⟶ 5:
 
O Comité non ten a autoridade para impoñer as súas recomendacións, aínda que a maioría dos países membros, así como outros países, tenden a implantar as políticas do Comité. Isto significa que as recomendacións se executan a través de leis e regulamentos tanto a nivel nacional como europeo, máis que coma un resultado das recomendacións do Comité. Deste xeito pode pasar un tempo entre a publicación das recomendacións e a súa execución como lexislación nacional.
 
 
== Nomenclatura ==
 
Liña 38 ⟶ 18:
 
Basilea II publicouse por primeira vez en xuño de 2004 para emendar as normas internacionais que controlan canto capital precisan os bancos para asegurar a súa protección fronte os riscos financeiros e operativos. As normas pretenden garantir que canto maior é o risco ó que un banco está exposto, maior sexa a cantidade de capital necesaria para salvagardar a súa solvencia e estabilidade económica. Basilea II establecía uns requisitos de xestión de capital e risco para asegurar que un banco posuía a cantidade de capital suficiente para afrontar os riscos ó que estaba exposto polas súas propias operacións comerciais, de préstamo e de investimento. Un dos principais obxectivos era o de manter unha homoxeneidade nos regulamentos tal que permitise así limitar a competencia desleal entre os bancos en activo internacionais. Aínda que Basilea II foi elaborado nos anos anteriores ó 2008 non foi ata comezos deste ano cando as principais economías o implantaron, mais a crise financeira fixo que non chegase a ser efectivo.
 
 
=== Basilea III ===
 
Liña 45 ⟶ 23:
 
Durante as negociacións de Basilea III, a crise era unha prioridade e, en consecuencia, tomáronse medidas más severas que foron adoptadas rapidamente por algúns dos países chave da economía incluíndo a rexión europea e os EEUU.
 
 
== Referencias ==