Izquierda Castellana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 18:
Izquierda Castellana é internacionalista, razón pola cal apoia diversos movementos de construción nacional no [[País Vasco]], [[Palestina]] ou [[Irlanda]]. Tal apoio faise sempre dende unha perspectiva democrática e de soberanía das clases traballadoras.
 
O obxectivo de Izquierda Castellana é conseguir unha [[Castela - Castilla|Castela]] [[Castela Unida (concepto político)|unida]], superando a división da nación castelá entre cinco comunidades autónomas (consideran que [[Castela Unida (concepto político)|Castela]] está formada por [[Cantabria]], [[Castela e León]], [[Comunidade de Madrid|Madrid]], [[A Rioxa]] e [[Castela-A Mancha]]), [[socialista]], soberana e [[república|republicana]], facendo propia a tradición [[Guerra das Comunidades de Castela|comunera]], que reivindica anualmente, cada [[23 de abril]], nas concentracións de [[Villalar de los Comuneros]]. Este día é considerado por organizacións nacionalistas castelás, como Izquierda Castellana e [[Tierra Comunera]] como o ''Día Nacional de Castela'', pero oficialmente é o [[día de Castela e León|día da comunidade de Castela e León]].
 
==Véxase tamén==