Matt Bonner: Diferenzas entre revisións

baloncestista estadounidense
Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Nova páxina: "{{Xogador da NBA | nome = <big>Matt Bonner</big> | imaxe = Bonner free throw1.JPG | ancho = 286 | posición = Ala-pivote / Pivote (baloncesto)|Pivote..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 28 de abril de 2015 ás 20:53

Matthew Robert "Matt" Bonner, popularmente coñecido como The Red Mamba, nado o 5 de abril de 1980 en Concord, Nova Hampshire, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que actualmente xoga para os San Antonio Spurs da National Basketball Association (NBA), cos que gañou dous títulos de campión en 2007 e 2014. Bonner xogou a nivel universitario nos Florida Gators, sendo seleccionado no Draft da NBA de 2003 polos Chicago Bulls no posto 45. Cunha altura de 2,08 metros xoga na posición ala-pivote.

Matt Bonner
San Antonio Spurs – No. 15
Posición Ala-pivote / Pivote
Liga NBA
Información persoal
Nacemento 5 de abril de 1980 (44 anos)
Concord, Nova Hampshire
Nacionalidade Estados Unidos
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 107 kg (235 lb)
Información da carreira
Instituto Concord
Universidade Florida
NBA Draft 2003 / Rolda: 2 / Elección: 45
Por Chicago Bulls
Carreira desde 2003
Historial de equipos
Pallacanestro Messina (2003–2004) LEGA
Toronto Raptors (2004–2006)
San Antonio Spurs (2006-presenta)
Premios e galardóns
Campión da NBA (2007, 2014)
Información en nba.com

Traxectoria deportiva

Universidade

Entrou en 1999 a formar parte da Universidade de Florida, onde nos seus catro anos de carreira fixo medias de 12,4 puntos e 5,9 rebotes por partido, e acabou sendo o xogador que máis partidos disputou con ese equipo (131), facendo 19 dobres-dobres. Obtivo varios premios e recoñecementos na súa conferencia, e terminou graduándose en Administración de Empresas cunhas notas raiando a perfección.

Profesional

Foi elixido o posto 16 da segunda rolda do Draft da NBA de 2003 polos Chicago Bulls, que inmediatamente o traspasaron aos Toronto Raptors. Antes da súa incorporación á NBA pasou un ano en Messina, na Liga italiana, onde sufriu un proceso de salmonella que case lle custa a vida. A pesar diso terminou a tempada facendo unha media de 19,2 puntos e 9,3 rebotes por partido.

En 2004 incorporouse aos Raptors, onde pasou dúas tempadas de suplente, facendo unha media de 7,3 puntos e 3,6 rebotes en apenas 20 minutos por partido. Na súa última tempada en Canadá terminou en décimo cuarta posición entre os mellores tiradores de 3 puntos da liga. En 2006 foi traspasado aos San Antonio Spurs, equipo no que milita na actualidade. Ao termo da temporada 2010-11, foi líder da liga en porcentaxe de tiros de tres cun 45,7%. Desde que chegou, o equipo conseguiu dous Campionatos da NBA: en 2007 fronte a Cleveland Cavaliers e en 2014 fronte a Miami Heat.

Outros datos

O seu alcume "The Red Mamba", foille outugardo por Kobe Bryant mediante la red social Twitter. Os seus fans, durante o concurso de triplas do All-Star de Houston de 2013, deseñáronlle unha camisola co dorsal 15 que tiña escrito dito alcume.[1][2]

Notas

  1. Bryant, Kobe (22 de xaneiro de 2013). Twitter, ed. "The white mamba wasn't in the building but the red mamba was... Matt Bonner" (en inglés). Consultado o 16 de xuño de 2014. 
  2. Twitpic (ed.). "Bonner's fans shirt "Red Mamba" (en inglés). Consultado o 16 de xuño de 2014. 

Véxase tamén

Ligazóns externas