Árabe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - ortografía: *sudoeste -> suroeste; cambios estética
corrixo
Liña 6:
* Persoa que ten como lingua materna o árabe, á marxe da súa orixe étnica. Os [[Árabes|países árabes]] son aqueles nos que a súa poboación (ou a maior parte da mesma) fala árabe. Os países árabes son produto da expansión do imperio [[Islam|islámico]], e polo tanto da súa lingua oficial e litúrxica, dende o seu berce orixinal en Arabia.
* '''[[Lingua árabe]]'''. [[Lingua semítica]] falada en países do norte de [[África]], como [[Exipto]], [[Libia]], [[Tunisia]], [[Alxeria]], [[Marrocos]], [[Sudán]], [[Sáhara Occidental]] , [[Mauritania]], [[Chad]] e [[Djibuti]]. Minoritariamente nas illas [[Comores]], e algúns sectores de [[Malí]], [[Níxer]], [[Somalia]] e nas prazas de soberanía española de [[Ceuta]] e [[Melilla]], e no suroeste de [[Asia]]: [[Arabia Saudita]], [[Iemen]], [[Omán]], [[Emiratos Árabes Unidos]], [[Qatar]], [[Kuwait]], [[Iraq]], [[Siria]], [[Líbano]], [[Palestina]], [[Xordania]] e [[Bahrein]], fálase tamén en algunhas zonas de [[Israel]], [[Turquía]] e [[Irán]], algúns sectores da [[India]], [[Indonesia]] e as [[Filipinas]]. Fálana tamén grupos importantes de emigrantes en [[Europa]], países como [[España]], [[Francia]], [[Italia]], [[Portugal]], [[Grecia]], [[Alemaña]] e o [[Reino Unido]]. O árabe ten unha variedade literaria, chamada en árabe ''al-luga al-fushà'' ou "a lingua máis elocuente", que en idiomas occidentais acostuma nomearse como [[árabe clásico]] e que comprende a lingua da literatura anterior ao [[Islam]], a lingua do Corán e a lingua da literatura posterior ao Islam. A variedade lingüística estándar que se usa como lingua oficial no mundo árabe actual é unha modalidade de árabe clásico que en occidente acostuma recibir o nome de árabe literal ou literario. Por outro lado, no nivel da lingua falada o árabe ten multitude de dialectos moi diferentes entre si.
* '''[[Alfabeto árabe]]'''. Conxunto de signos propio do árabe, que é ou foi utilizado para codificar tamén os idiomas de poboacións musulmás non árabes como o [[urdú]], o [[lingua persa|persa]], o [[Lingua dari|dari]], o [[lingua paxtúa|paxtún]], o [[lingua curdakurda|curdokurdo]] ou o [[lingua uigur|uigur]] na actualidade, e no pasado tamén o [[lingua turca|turco]] e demais linguas desta familia, o [[lingua malaia|malaio]], o [[lingua tártara|tártaro]], o [[lingua wolof|wolof]] e outras linguas africanas e mesmo o [[lingua castelá|castelán]] entre os [[mouriscos]].