Economía de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Syum90 (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 193.144.97.40 (conversa); cambiado á última versión feita por Syum90
Liña 112:
Galicia, xunto con Asturias, son as dúas únicas comunidades nas que parte da súa produción de carne de vacún se realiza de forma tradicional, os tenreiros permanecen xunto ás nais ata o sacrificio. A base da súa alimentación é o leite complementado con forraxes e cereais, estas explotacións están moi ligadas á terra<ref>[http://www.galicia2010.com/texto_sistema_agroindustrial_y_forestal3.htm III. Análise interna do sector produtivo.]</ref>.
 
A sustitución das razas tradicionais tamén afectou a outras sectores gandeiros coma o [[porco|porcino]] (777.118 cabezas en 2000); introducíronse fundamentalmente o ''large white'' e o ''landrace'', aínda que o [[porco celta]] está a se recuperar para a súa comercialización<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2008/10/02/00031222961267279100683.htm La cría de porco celta en Galicia evoluciona de lo folclórico a lo comercial] {{Es}}.</ref>.
 
A [[galiña|avicultura]] constitúe outro dos piares da gandaría galega, cunha forte implantación tradicional e, nas comarcas máis meridionais, incluso industrial. A raza autóctona é a [[galiña de Mos]]. Menor importancia teñen o [[ovella|gando ovino]] (360.000 cabezas en 1999, coa presenza da raza autóctona [[ovella galega]]) e o [[cabra|caprino]] (53.713 reses). Outras producións gandeiras con certa significación son a [[coello|cunicultura]], a [[apicultura]] e a cría de [[visón]]s.