Batalla de Okinawa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo
Liña 38:
O X Exército estaba composto por dous [[corpo de exército|corpos]]: o III Corpo Anfibio comandado polo [[Xeneral|Xeneral Maior]] [[Roy Stanley Geiger|Roy Geiger]], que se compoñía da 1.ª e 6.ª División de Marines, e o XXIV Corpo baixo o mando do Xeneral Maior [[John R. Hodge]], que se compoñía da 7.ª e 96.ª Divisións de Infantería. A 2.ª División de Marines e o X Exército tamén controlaba a 27.ª e 77.ª Divisións de Infantería, que nun principio manteríanse en reserva. En total, o X Exército contaba con máis de 180 000 homes, 102 000 do exército e 81 000 do Corpo de Marines.
 
A forza xaponesa (sobre todo defensiva) na [[Campaña militar|campaña]] compoñíase duns 67.&nbsp;000 efectivos pertencentes ao 32.º Exército e uns 9000&nbsp;efectivos da [[Armada Imperial Xaponesa]] que se encontraban na [[Base Naval de Oroku]] (só uns poucos centos dos cales foran adestrados e equipados para combate terrestre), apoiados por 39&nbsp;000&nbsp;habitantes das [[Illas Ryūkyū]] (incluídos 24&nbsp;000&nbsp;recrutados apresuradamente para a [[milicia]] chamada ''Boeitai'' e 15&nbsp;000&nbsp;traballadores non uniformados), ademais de 1500&nbsp;alumnos de escolas secundarias organizados en primeira liña da fronte como Unidades de Voluntarios Ferro e Sangue (''Iron and Blood Volunteer Units'') e 600&nbsp;[[alumnas Himeyuri]] organizadas nunha unidade de [[enfermería]]. O 32.º Exército inicialmente consistía na 9.ª, 24.ª e 62.ª Divisións e a 44.ª Brigada Mixta Independente.<ref name="Okinawa" /> A 9.ª División trasladouse a [[Taiwán]] antes da [[invasión]], dando lugar a un cambio nos plans defensivos xaponeses.<ref name="Okinawa" /> A resistencia primaria debería de ser no sur, comandada polo [[Tenente Xeneral]] [[Mitsuru Ushijima]], o seu [[Xefe de Estado Maior]], o Tenente Xeneral [[Isamu Chō]] e o seu xefe de operacións, [[Coronel]] [[Hiromichi Yahara]]. Yahara avogou por unha [[Estratexia militar|estratexia]] defensiva, e Chō por unha ofensiva. No norte, o coronel [[Udo Takehido]] estaba ao mando. As tropas da Armada foron lideradas polo [[Contraalmirante]] [[Minoru Ōta]].
 
Esperábase que os estadounidenses desembarcaran de seis a dez [[División militar|divisións]] para enfrontarse ás tres divisións (unha delas coa metade de efectivos).
Liña 135:
 
En 1945, Winston Churchill denominouna «a batalla entre as máis intensas e famosas na historia militar.»
En 1995, o goberno de Okinawa erixiu un monumento chamado Pedra Angular da Paz en Mabuni, o lugar dos últimos combates, no sueste de Okinawa.<ref>[http://www.pref.okinawa.jp/summit/a_la/peace/ishiji/index2.htm The Cornerstone of Peace]</ref> O monumento mostra todos os nomes coñecidos dos que morreron na batalla, civís e militares, xaponeses e estranxeiros. En xuño de 2008 contiña 240.&nbsp;734 nomes.<ref>[https://archive.is/20120629080541/search.japantimes.co.jp/cgi-bin/nn20080624a6.html Okinawa is promised reduced base burden], ''[[The Japan Times]]'', 24 de xuño de 2008. Consultado o 12 de maio de 2012.</ref>
 
== Controversia ==
Liña 141:
Este feito provocou protestas xeneralizadas entre os habitantes de Okinawa. En xuño de 2007, a Asemblea da Prefectura de Okinawa aprobou unha resolución declarando, «Facemos un firme chamamento ao goberno (nacional) a que se retracte das instrucións dadas aos editores de libros de texto e que restableza de inmediato a designación nos libros de texto para que a verdade do ocorrido durante a Batalla de Okinawa sexa transmitida correctamente e outra tráxica guerra nunca volva suceder»'<ref>[https://archive.is/20120604185354/search.japantimes.co.jp/cgi-bin/nn20070623a1.html Okinawa slams history text rewrite], ''Japan Times'', 23 de xuño de 2007. Consultado o 12 de maio de 2012.</ref>
 
O [[29 de setembro]] de [[2007]], arredor de 110.&nbsp;000 persoas realizaron o maior [[Manifestación|acto político]] na historia de Okinawa para esixirlle ao MEXT que se retractase de pedirlle aos editores de libros de texto a revisión das declaracións sobre os suicidios dos civís. A resolución declarou: «É un feito innegable que o suicidio múltiple non tería ocorrido sen a participación dos militares xaponeses e calquera supresión ou [[Revisionismo histórico|revisión]] é unha [[Negación (psicoloxía)|negación]] e unha distorsión dos moitos testemuños das persoas que sobreviviron aos incidentes.»<ref>[https://archive.is/20120629080542/search.japantimes.co.jp/cgi-bin/nn20070930a2.html "110,000 protest history text revision order"], ''The Japan Times'', 30 de setembro de 2007. Consultado o 12 de maio de 2012.</ref>
 
O [[26 de decembro]] de 2007, o MEXT admitiu parcialmente o papel dos militares xaponeses nos suicidios en masa dos civís. O Consello de autorización de libros de texto permitiulle aos editores restablecer a referencia, «que a poboación se viu obrigada polo exército xaponés a suicidarse en masa. Pódese dicir que desde o punto de vista dos residentes de Okinawa, estes se viron obrigados aos suicidios en masa», declarou o informe do Consello.<ref>[https://archive.is/20120629080541/search.japantimes.co.jp/cgi-bin/nn20071227a1.html Texts reinstate army's role in mass suicides: Okinawa prevails in history row] ''[[Japan Times]]'', 27 de decembro de 2007. Consultado o 12 de maio de 2012.</ref> Isto non foi suficiente para os sobreviventes, que dixeron que era importante para os de hoxe saber o que realmente sucedeu.<ref>[http://news.bbc.co.uk/2/hi/asia-pacific/7098876.stm Okinawa's war time wounds reopened] ''BBC News'', 17 de novembro de 2007. Consultado o 12 de maio de 2012.</ref>