Melvin Calvin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m bot Cambios estética
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 39:
Calvin, que chegaba á Universidade de Manchester para realizar estudos posdoctorales, traballaba co profesor Michael Polanyi e viu que o composto da ICI tiña un parecido estrutural coa hemomolécula e coa clorofila: as dúas moléculas catalíticas máis importantes nos seres vivos e, bioquímicamente, as máis difíciles de comprender e de imitar. Seguiu a suxestión de Polanyi de empregar o composto da ICI como modelo para investigar a conexión entre a estrutura e a estabilidade nesas moléculas tan fundamentais.
 
Durante a década de 1940, na súa estancia en Berkeley, comezou os seus experimentos sobre a fotosíntese sobre cultivos da [[alga|alga verde unicelular]] ''[[Chlorella pyrenoidosa]]'', separando os compostos obtidos por [[cromatografía|cromatografía bidimensional]] e identificándoos grazas ao [[carbono-14]] e esclarecendo o proceso de asimilación fotoquímica do [[dióxido de carbono]] polas partes verdes das plantas, hoxe frecuentemente denominado [[ciclo de Calvin]].<br>
Foi galardoado co [[Premio Nobel de Química]] en [[1961]] ''polos seus traballos sobre a asimilación do dióxido de carbono polas plantas''.