Europa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 33:
[[Ficheiro:Europe satellite globe.jpg|miniatura|dereita|300px|Imaxe de satélite da NASA do continente europeo.]]
 
'''Europa''' ({{Audio|Gl-Europa.ogg|pronunciación}}) é unha das grandes penínsulas de [[Eurasia]] (segundo como se considere, a maior delas), á que de forma convencional e por motivos históricos considérase un [[continente]] propio, e pertence a súa a [[Eurafrasia]]. Europa esténdese pola metade oriental do Hemisferio Norte, dende o [[Océano Glacial Ártico]] polo norte ata o [[Mar Mediterráneo]] polo sur. Polo leste, chega ata o [[Océano Atlántico]], admitíndose que polo leste limita con [[Asia]] nos [[Montes Urais]] e o [[Cáucaso]], compartindo entre ámbolos continentes o [[Mar Caspio]].
 
En Europa naceu a cultura occidental, os países europeos xogaron un papel predominante desde o século XVI, especialmente despois do comezo da colonización doutros continentes polos europeos. Entre os séculos XVII e XIX os europeos controlaban a maior parte de [[África]], [[América]], [[Oceanía]] e unha parte substancial de [[Asia]]. A [[Primeira Guerra Mundial]] e a [[Segunda Guerra Mundial]] levaron a un devalo do dominio europeo nos asuntos mundiais e os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e a [[Unión Soviética]] ocuparon esa preminencia. A Guerra Fría entre esas dúas superpotencias dividiu Europa ata o colapso da URSS.