Lingua taxica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Castelao (conversa | contribucións)
m Arranxiño
Liña 30:
O fraccionamento político característico da época feudal e a ausencia de lazos estables económicos e culturais entre as distintas rexións nas que vivían os falantes taxicos, facilitaron o nacemento e mantemento nesas rexións de dialectos variados. Foi só tra-lo triunfo da [[Revolución de 1917]] e a consolidación do poder soviético no territorio de Asia Central cando se abre un proceso para concentrar os varios dialectos cara un taxico literario contemporáneo. Naturalmente, tra-la desintegración da Unión Soviética e a recuperación da soberanía nacional ese proceso cambiou de mans e agora é a Academia das Ciencias do Taxiquistán a encargada de facer esa labor. O idioma estándar baséase nos dialectos do noroeste de '''Taxiq''' (rexión da antiga cidade de [[Samarcanda]]), que foron considerablemente influenciados pola [[lingua usbeca]], como resultado da proximidade xeográfica.
 
Un grande mérito do estudio do taxico e dos seus dialectos débese enteiramente aos estudosos ruso-soviéticos. Do período pre-revolucionario destacan O.I. Senkovskij e V.V. Grigoriev que por primeira vez sinalaron algunhas características gramaticais e léxicas da lingua dos autores centro-asiáticos. Tamén C. Salemann dirixiu a súa atención á fonética taxica a partir de textos xudeoxudeu-persas de [[Bughará]] (ademais de diferentes estudos sobre o [[Lingua iagnobiana|iagnobí]]). No período soviético abriuse unha nova etapa no estudo da lingua e o achado de solucións para a creación dunha nova lingua literaria, dunha ortografía, dunha terminoloxía etc. E foi sobre todo grazas aos traballos de I.I. Zarubin e dos seus discípulos que se desenvolveu a mediados dos anos vinte do século XX o estudo dos dialectos e da fonética do taxico.
 
O taxico tamén mantivo diversos elementos arcaicos no seu vocabulario e na gramática, que se perderan no resto do mundo persófono, grazas ao seu relativo illamento nas montañas da [[Asia Central]].