Lourenzo de Medici: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Mecenado: arranxiños
Liña 54:
Na súa condición de banqueiro desatendeu os negocios herdados da familia e tivo moitos problemas para manter as actividades mercantis no oeste de Europa, perdendo as filiales de [[Londres]], [[Bruxas]] e [[Lion]] (creada en 1466).
== Mecenado ==
[[ImageFicheiro:Medici - Rappresentazione dei santi Giovanni e Paolo, circa 1485 - 2411117 Scan00017.tif|thumbminiatura|150px|''Rappresentazione dei santi Giovanni e Paolo'']]
[[Ficheiro:Verrocchio Lorenzo de Medici.jpg|miniatura|150px|Busto de Lourenzo de' Medici por [[Andrea del Verrocchio|Verrocchio]] ([[1480]]).]]
O mecenado de Lourenzo de Medici non consistiu tanto en financiar obras, como fixera o seu avó Cosme o Vello, senón en mandar aos artistas máis destacados de Florencia (Botticelli, os Pollaiolo a Roma, Maiano a Nápoles, [[Jacopo Sansovino|Sansovino]] a [[Lisboa]], [[Andrea del Verrocchio|Verrocchio]] a [[Venecia]] etc.) a diversas cortes, practicando a «política de prestixio artístico». O seu gusto e o seu criterio eran moi valorados posto que, dotado dunha gran sensibilidade demostrada polos seus poemas, gustou de rodearse de artistas, filósofos e científicos: amaba o contacto coa intelixencia e o talento, como para cultivar nel mesmo unha especie de artista universal, para adquirir ou presentir todas as virtualidades do xenio. Á xeración viril, a de Cosme que se compracía en construír en todas as ordes, seguiu a dos estetas, admirablemente dotados, que prefiren o goce e a especulación á actividade. Isto ademais ten a súa explicación no feito de que había que facer avanzar numerosos traballos xa emprendidos, que as vilas dos Medicis eran xa numerosas en [[1469]] e que estaban adornadas con cadros e estatuas, quedando pouco sitio libre. O que si é certo é que entre todas as ''anticaglie'' que conservaban en xardíns e no interior dos palacios, artistas como [[Michelangelo]] puideron entrar en contacto directo coas obras da antigüidade clásica -e reparar algunhas, como é o caso de Donatello-, sen esquecer por exemplo que no [[Camposanto monumental de Pisa]] hai unha magnífica colección de [[sarcófago]]s romanos, probablemente a primeira fonte de inspiración para os escultores florentinos do [[Quattrocento]].