Diferenzas entre revisións de «Metaloproteína»

 
=== Superóxido dismutase ===
[[Ficheiro:Superoxide dismutase 2 PDB 1VAR.png|miniatura|250px|Estrutura dun [[tetrámero]] de superóxido dismutase 2 humana.]]
O ión superóxido, O<sup>2-</sup> xérase nos sistemas biolóxicos por redución do oxíxeno molecular. Ten un electrón desapareado, polo que se comporta como un [[radical libre]] e é un poderoso axente oxidante. Estas propiedades fan que o ión superóxido sexa moi tóxico e o utilicen os [[fagocito]]s para mataren microorganismos invasores. En caso contrario, o superóxido debe ser destruído antes de que cause danos non desexados ás células. O encima [[superóxido dismutase]] realiza esta función de maneira moi eficiente.<ref>{{cita libro |autor =Packer, L. (editor)|título=Superoxide Dismutase: 349 (Methods in Enzymology)|editor=Academic Press|data=2002|ISBN=0121822524}}</ref>
 
191.052

edicións