Lahar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 36 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q47212
Fendetestas (conversa | contribucións)
Liña 7:
 
== Características ==
As coadas de barro compórtanse coma un fluidofluído viscoso e de moita densidade, os lahares seguen o perrecorrido de menor enerxía potencial, en xeral seguindo os vales dos cursos de auga.
A lama que forma o lahar ten a consistencia do betume fresco, mantendo un elevado grao de fluidez cando está en movemento, pero solidificándose e perdendo auga case instantaneamente cando se detén. Estas características [[reoloxía|reolóxicas]] permiten aos lahares coller unha gran velocidade de desprazamento e gran capacidade de penetración nos espazos baleiros, o que leva o rápido enchemento por material sólido de todas as cavidades que atope no seu percorrido.
 
A elevada densidade do fluidofluído formado permite o transporte de grandes masas rochosas que flutúan no barro e son arrastadas a alta velocidade como se de material lixeiro se tratase. Esa propriedadepropiedade dos lahares resulta o xurdimento nas paisaxes volcánicas de grandes rochas illadas, deixadas polo enfraquecemento da capacidade de transporte do lahar, normalmente pola dispersión e perda de velocidade e profundidade da lámina de barro debido ao alongamento da zona recoberta. Un exemplo notable deste feito dos lahares é a presenza de xigantescos bloques traquíticos, con cerca de 8-10 m de altura e pesando algúns millóns de toneladas, illados no plano existente na cima do lugar da [[Caparica]], [[Biscoitos]], na illa Terceira do [[Azores|Arquipélago das Azores]]. Aqueles bloques foron deixados alí por un xigantesco lahar que se formou fará cerca de 25.000 anos durante a última grande erupción do [[Pico Alto]].
 
O resultado da gran densidade do fluído e da súa velocidade, é que os lahares teñen un enorme poder erosivo, arrincando por abrasión grandes volúmenes de material xeolóxico nas zonas atravesadas, transportando e integrándose nun proceso de avalancha que permite o crecemento da masa en movemento, alimentando así o lahar.