Diferenzas entre revisións de «Guerra hispano-estadounidense»

 
== ''Casus belli'', a explosión do ''USS Maine'' ==
O sinistro ocorreu o día [[15 de febreiro]] de 1898 ás dez menos cuarto da noite. Naquel momento había en cuberta unha reducida garda nocturna formada na súa maioría por ''marines'' e algúns oficiais que se achaban no sotavento da torreta maior. Mentres tanto, a maioría dos oficiais do [[USS Maine]] achábanse de permiso, uns atopábanse asistindo a unha representación no teatro Albizu, e outros, gozando dnuhadunha saída en terra.
 
Algúnhas testamuñas afirmaron que se oíu só unha gran explosión, mentres que outros manifestaron haberter escoitado dúas case simultáneas. A metade do buque saltou sobre a auga e unha das chemineas caeu sobre a cuberta. A profundidade onde estaba fondeado era de doce a quince metros, e o fondo era fangoso. O balance do sinistro foi de 264 mariñeiros e dous oficiais mortos, 50 feridos e 100 supervivientes.<ref>Ver, artigo de Guillermo G. Calleja Leal da revista HISTORIA16, N° 176, pa. 16.</ref>
 
O [[16 de febreiro]] a opinión pública americana que seguía influenciada pola ''[[prensa amarela]]'' acusa a España dun acto terrorista, admitindo sen dubida que se trataba dun atentado español; Madrid intenta con todo acougar o xogo. A explosión do ''USS Maine'' foi inmediatamente manipulada pola prensa sensacionalista norteamericana, especialmente polo ''World'' de Joseph Pulitzer e o ''New York Journal'', de William Randolph Hearst. Ese mesmo dia 16 de febreiro, o ''New York Journal'' titulaba así o seu primera plana:{{Cita|''"O Maine partido en dous por unha máquina infernal do inimigo"''}}. Catro días mais tarde pedía abertamente a intervención militar dos Estados Unidos. O xornal ''World'' ía aínda máis lonxe:{{Cita|''"A destrución do Maine é razón suficiente para dar orde á nosa escuadra de partir cara A Habana e esixir unha indemnización nun prazo de veinticatro horas baixo ameaza de bombardeo"''}}. Así, ambos xornais aumentaban a súa tirada por encimariba do millón de exemplares, cifras fabulosas por aquel entón.
 
Tanto o cónsul norteamericano, o xeneral Fitzhugh Lee, como o comandante do buque, capitán Sigsbee, comunicaron que a causa da explosión era indeterminable. Ao día seguinte tivo lugar un funeral multitudinario para os mariñeiros falecidos -presidido polo propio bispo da Habana, no cemiterio de Colón.<ref>Ver, artigo de Guillermo G. Calleja Leal da revista HISTORIA16, N° 176, p. 17.</ref>
 
Así e todo, o Presidente dos Estados Unidos acaba cedendo á presión desta prensa sensacionalista. O [[27 de marzo]] de 1898, lanza un ultimato a España esixindo o armisticio de Madrid cos rebeldes cubanos, baixo as condicións de aceptación e mediación exclusiva dos Estados Unidos.
 
En España, creouse un certo estado de opinión favorable á guerra, onde tamén mostraron a súa irresponsabilidade dalgúns dos políticos que, sen descartar o seu sometemento asás consignas da oligarquía económica, temían que un arranxo pacifico do conflito terminaría someténdose ás esixencias ianquis, desprestixiaría ao réxime e podería provocar unha revolución que derrocase a monarquía. Nestas circunstancias España acepta o ultimato pero rexeita con todo en non conceder a independencia a Cuba, que reclamaba Washington. E é así que McKinley, o [[11 de abril]] de 1898, propón ao Congreso declarar a guerra a España.
 
Entre o 12 e [[19 de abril]] a diplomacia española intentoutentou atopar algunha potencia europea que se prestase a mediar no conflito para evitar a guerra. Todas estaban indecisas sobre un posible apoio a España; por outra banda, a intervención do Vaticano en favor dun armisticio resultaría noutro fracaso.
 
O [[20 de abril]], por unha longa maioría, o Congreso, dominado polos republicanos, autoriza o emprego da forza armada para liberar Cuba. A emenda Teller precisa tamén que os Estados Unidos non teñen ningunha intención de anexarse a illa.
Usuario anónimo