Poxviridae: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 43:
 
== Replicación ==
A replicación dos poxvirus implica varios estadios. A primeira cousa que fai o virus é unirse a un receptor da superficie da célula [[hóspede]]; crese que os receptores para os pxvirus son [[glicosaminoglicano]]s (GAGs). Despois de unirse ao receptor, o virus entra na célula, onde perde a envoltura. Esta perda da envoltura é un proceso en dúas etapas. Primeiramente, elimínase a membrana externa a medida que a partícula entra na célula; en segundo lugar, a partícula vírica (sen a membrana externa) fusiónase coa membrana celular para liberar a súa parte central (''core'') no [[citoplasma]]. Os xenes virais pox exprésanse en dúas fases. Os xenes temperáns codifican as proteínas non estruturais, incluíndo as proteínas necesarias para a replicación do xenoma viral, e exprésanse antes de que se replique o xenoma. Os xenes tardíos exprésanse despois da replicación do xenoma e codifican as proteínas estruturais necesarias para construír a partícula do virus. A ensamblaxe da partícula do virus ocorre en cinco etapas de maduración que acaban coa [[exocitose]] final dos virións novos envoltos. En virus como o da vaccinia distínguense varias formas do virión, que son:<ref name=vaccinia/> virus maduro intracelular (IMV), virus envolto intracelular (IEV), virus envolto asociado á célula (CEV) e virus envolto extracelular (EEV). Despois de que se replique o xenoma, o virión inmaduro (IV) ensámblase coa proteína A5 para crear o virión maduro intracelular (IMV). A proteína alíñase e fórmase a envoltura con forma de ladrillo do virión envolto intracelular (IEV). Estas partículas IEV fusiónanse despois con membranas do aparato de Golgi celularintracelulares para formar o virión envolto asociado á célula (CEV). Finalmente, o CEV encontra os [[microtúbulo]]s e guíase por eles para chegar á [[membrana plasmática]], e o virión prepara a súa saída da célula como un virión envolto extracelular (EEV). A ensamblaxe da partícula vírica ocorre no citoplasma da célula e é un proceso complexo que está sendo investigado actualmente para comprender mellor todas as fases da replicación. Considerando que este virus é grande e complexo, a replicación é relativamente rápida, xa que tarda unhas 12 horas ata que a célula hóspede morre debido á liberación dos virus.
 
A replicación dos poxvirus é pouco usual para un virus de ADN bicatenario (que xeralmente son pequenos) porque ocorre no citoplasma,<ref name="pmid_20231474">{{Cite journal|doi=10.1073/pnas.0912737107|title=Vaccinia-like cytoplasmic replication of the giant Mimivirus|last=Mutsafi|first=Y|last2=Zauberman|first2=N|last3=Sabanay|first3=I|last4=Minsky|first4=A|pmid=20231474|journal=Proceedings of the National Academy of Sciences USA|date=30 Mar 2010|volume=107|issue=13|pages=5978–82|pmc=2851855}}.</ref> aínda que isto é típico noutros virus de ADN gran tamaño.<ref name='Virology Blog'>{{cite news | first = Vincent | last = Racaniello | title = Pithovirus: Bigger than Pandoravirus with a smaller genome | date = 4 March 2014 | url = http://www.virology.ws/2014/03/04/pithovirus-bigger-than-pandoravirus-with-a-smaller-genome/ | work = Virology Blog | accessdate = 4 March 2014}}</ref> Os poxvirus codifican a súa propia maquinaria para a [[transcrición xenética|transcrición]] do xenoma, unha ARN polimerase ADN dependente propia,<ref name="Vaccinia_RNA_pol_35kd_ENTREZ">{{cite web|url=http://www.ncbi.nlm.nih.gov/protein/YP_233034.1|title=DNA-dependent RNA polymerase rpo35 (Vaccinia virus)|publisher=National Center for Biotechnology Information (NCBI), NIH, Bethesda, MD, USA|author=National Center for Infectious Diseases, Centers for Disease Control and Prevention, 1600 Clifton Rd., Atlanta, GA 30333, USA}}</ref> o que fai posible a replicación no citoplasma. A maioría dos virus de ADN bicatenario necesitan usar a [[ARN polimerase]] ADN dependente da célula hóspede para realizar a transcrición. Este encima do hóspede encóntrase no [[núcleo celular]], e, por tanto, a maioría dos virus de ADN bicatenario levan a cabo unha parte do seu ciclo de infección no núcleo da célula.