Poxviridae: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 50:
O exemplo prototípico de poxvirus é o [[virus vaccinia]], coñecido polo seu papel como axente activo das [[vacina]]s para a erradicación da [[varíola]]. O virus vaccinia é unha ferramenta efectiva para a expresión de proteínas alleas, xa que orixina unha forte resposta inmunitaria no hóspede. O virus vaccinia entra nas células principalmente por fusión coa superficie da célula, aínda que non se coñece cal é o seu receptor.
 
A vaccinia contén tres clases de xenes: temperáns, intermedios e tardíos. Estes xenes son transcritos por [[ARN polimerase]]s virais e asociados a [[factor de transcrición|factores de transcrición]]. A vaccinia replica o seu xenoma no citoplasma das células infectadas, e despois da expresión dos xenes da última etapa sofre a morfoxénese do virión, que produce IMV contidos dentro dunha envoltura membranosa.<ref name=Vaccinia>{{cite journal |author=Tolonen N, Doglio L, Schleich S, Krijnse Locker J |title=Vaccinia Virus DNA Replication Occurs in Endoplasmic Reticulum-enclosed Cytoplasmic Mini-Nuclei |journal=Mol. Biol. Cell |volume=12 |issue=7 |pages=2031–46 |date=1 July 2001|pmid=11452001 |url=http://www.molbiolcell.org/cgi/content/full/12/7/2031 |pmc=55651 |doi=10.1091/mbc.12.7.2031 }}</ref> A orixe exacta da súa envoltura de membrana aínda non se sabe. O IMV é despois transportado ao aparato de Golgi, onde se envolve con dúas membranas adicionais, converténdose nun Virus Envolto Intracelular (IEV). O IEV é transportado ao longo de microtúbulos citoesqueléticos ata chegar á periferia celular, onde se fusiona coa [[membrana plasmática]] converténdose nun Virus Envolto asociado á Célula (CEV). Isto desencadea a formación de colas de [[actina]] na superficie celular ou é liberado como EEV.
 
== Evolución ==