Abrir o menú principal

Cambios

 
==Traxectoria==
Xoán Caboto naceu sobre o ano [[1450]] en [[Xénova]], Italia, segundo din os documentos que falan da súa familia. Sobre o ano [[1461]] Caboto vivía en [[Venecia]] onde pasou a súa infancia e xuventude. No ano [[1482]], aproximadamente, casou coa tamén veneciana Mattea, coa que tivo tres fillos: Ludovico, Sebastián e Sancio.
 
Igual que o seu pai, dedicouse ó comercio. Comerciaba cos portos do [[Mediterráneo]] do leste, ata converterse nun experto mariñeiro. Comerciaba principalmente con valiosas mercadorías asiáticas coma especies, seda, pedras preciosas e metais que chegaban a [[Europa]] por vía terrestre ou a través do [[Mar Vermello]].