Cidade Ho Chi Minh: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Xeografía en progreso}}{{wikificar}}{{sen referencias}}
{{Coordenadas|10|46|10|N|106|40|55|E|display=title}}
{{Cidade
Liña 40:
|[[Ficheiro:Saigonskyline1.JPG|miniatura|esquerda|190px|Centro da cidade]] || [[Ficheiro:HCM-City Rathaus.JPG|miniatura|esquerda|220px|Casa do concello]]
|}
 
==Historia==
===Vietnamización da área===
En 1623 o rei Chettha II permitiu o asentamento na zona de refuxiados vietnamitas fuxidos do conflito no centro do país. Nos anos seguintes as ondadas de inmigrantes proseguiron, producindo unha vietnamización da rexión, que apoiada nun debilitado poder camboiano, forxou a anexión ''de facto'' do territorio por [[Vietnam]]. Foi nese tempo que comezou a ser chamada '''Sài Gòn'''.
[[Ficheiro:Plan de la Villa 1795 by Le Brun.png|miniatura|esquerda|1795, Cidadela de Gia Dinh.]]
[[Ficheiro:Citadel of Saigon 1815.png|miniatura|1815, o núcleo de Cholon aparece á esquerda.]]
 
En [[1698]], os gobernantes Nguyen de Hue (Vietnam central) enviaron a ''Nguyen Hu-u Canh'' para estableceren unha estrutura administrativa no lugar. Ademais constrúe tamén as primeiras infraestruturas (estradas, canles, mercados, terraplén defensivo de 8-9 km arredor da área habitada) que fixeron de Saigón un asentamento xa significativo cun activo porto, polo que é considerado o fundador da cidade.
 
En 1790 o futuro emperador Gia Long mandou erixir, asesorado por técnicos franceses, unha fortaleza chamada Cidadela de '''Gia Dinh''' (polo nome oficial da cidade nesa época), para se protexer das revoltas campesiñas. Nese tempo xorde tamén, 10 km ao suroeste, o asentamento chinés de '''Cholon''' (antes en Bien Hoa, ao nordeste, refuxiándose das represalias dos campesiños polo seu apoio ao poder Nguyen). Convértese en activo mercado con peirao sobor do Arroio Chinés, adquirindo o rango de cidade en 1879 <ref> ''Plan de Cholon en [[1893]]'' [http://belleindochine.free.fr/images/Plan/TourDuMondeCarteCholon.jpg]</ref>.
 
===Colonia francesa===
[[Ficheiro:Citadel of Saigon 1867.png|miniatura|esquerda|1867]]
[[Ficheiro:Saigon map 1920.jpg|miniatura|1920]]
 
No [[1859]] a cidadela foi conquistada por tropas francesas e destruída pouco despois (aínda que substituída por unha máis pequena). Daba comezo a ocupación colonial da [[Cochinchina]] (sur de Vietnam). Os franceses adoptan a denominación popular da cidade coa ortografía '''[[Saigón]]''' e a fan capital da colonia.
 
Pretendendo convertela no "París de Extremo-Oriente" dispuxeron unha extensión de corte occidental dotándoa dos edificios e servizos propios dunha capital administrativa.
 
A partir de [[1931]] (definitivamente en [[1956]]) produciuse a integración de Saigón e Cholon nun só concello.
 
==Capital de Vietnam do Sur==
 
No [[1949]] convértese na capital do Estado de Vietnam, que no [[1955]] queda reducido a [[Vietnam do Sur]]. Na [[guerra de Vietnam]] (1959-75) foi a base das forzas estadounidenses que apoiaban ao sur. A vitoria final das forzas do [[Vietcong]] (o norte) fixo de [[Hanoi]] a capital do país unificado. O crecemento de poboación experimentado nos últimos anos da colonia e os primeiros da independencia a levaron a se converter nunha gran cidade (110.600 en 1931; 1.723.360 en 1954) <ref> ''Plano de Saigón'' [http://www.saigonwarrior.com/images/Facilities/Saigon%20Map.jpg]</ref>. Os refuxiados das zonas rurais durante o conflito fixérona inda maior.
 
===Cidade Ho Chi Minh===
 
No [[1976]] recibe a nova denominación oficial, inda que Saigón permaneza como a de uso popular. Ten crecido enormemente nos últimos anos grazas á apertura da economía vietnamita representando, coma historicamente sempre o fixo, a metrópole máis dinámica e cosmopolita do país.
 
==Notas==
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Historia urbana de Saigón (Cidade Ho Chi Minh)]].
* [[Aeroporto de Tân Sơn Nhất]].