Bonifacio VII, antipapa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m engado a Categoría:Finados en 985 mediante HotCat
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 5:
No ano 974, durante o pontificado de [[Bieito VI, papa|Bieito VI]], aproveitando a morte do protector deste, o [[emperador]] [[Otón o Grande|Otón I]], o patricio romano [[Crescencio I|Xoán Crescencio]] nomea papa ao cardeal [[diácono]] '''Francone Ferruchi''' que adopta o nome de Bonifacio VII.
 
Nesta primeira etapa só gobernou a [[Igrexa católicaCatólica Apostólica Romana|Igrexa]] durante seis semanas, o tempo que tardou o [[conde]] [[Sicco de Spoleto]] en chegar a [[Roma]] en calidade de representante do novo emperador [[Otón II]] e obrigar a Bonifacio a fuxir da cidade e refuxiarse en [[Constantinopla]], onde levou consigo parte do tesouro da Igrexa. No entanto nese breve período fixo estrangular ao papa lexítimo, [[Bieito VI, papa|Bieito VI]]. Tras a súa fuxida é elixido novo Papa [[Bieito VII, papa|Bieito VI]], quen [[excomuñón|excomunga]] ao antipapa Bonifacio como unha das súas primeiras medidas.
 
===Segundo papado===
Bonifacio permanecerá en [[Constantinopla]] durante dez anos ata que, en [[984]], aproveitando a morte de Otón II e que o seu sucesor, [[Otón III]], ten apenas tres anos de idade, regresa a Roma e coa complicidade de [[Crescencio II]], fillo do citado Xoán Crescencio, encarcera ao papa que entón rexía os destinos da Igrexa, [[Xoán XIV, papa|Xoán XIV]], e volve ocupar o solio pontificio case durante un ano.