Arthur Evans: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 39 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q188929
Castelao (conversa | contribucións)
m →‎Traxectoria: Afeccionado en lugar de amateur
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Era o fillo de Sir John Evans, un fabricante de papel e arqueólogo amateurafeccionado de ascendencia [[Gales|galesa]]. Estudiou en [[Harrow School|Harrow]] e no [[Universidade de Oxford|Brasenose College, Universidade de Oxford]] e na [[Universidade de Göttingen]] e tendo herdado do pai o interese pola [[arqueoloxía]], Arthur foi conservador do [[Ashmolean Museum]] de [[Oxford]] entre 1884 e 1908.
 
O obxecto especial do seu interese era a illa grega de [[illa de Creta|Creta]], e durante moito tempo foi o encargado das [[escavación]]s da cidade-palacio de [[Knossos]], centro principal da [[civilización minoica]]. Ademais de descubrir estes restos e publicalos en catro volumes ''The Palace of Minos at Knossos'' (1921 - 1935), un clásico da arqueoloxía, restaurounos e, en parte, reconstruíunos, utilizando algúns materiais estraños como o [[formigón]] que escandaliza aos puristas pero axuda aos visitantes a entender o sitio. Para entender isto cómpre lembrar que mentres Evans estaba traballando en Knossos no período entre 1899 e 1935, moitos dos seus contemporáneos se interesaban só en apañar obxectos de interese nos asentamentos que descubrían.