Gran Muralla Chinesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
edición
Liña 21:
A Gran Muralla está formada por unha serie de murallas construídas e reconstruídas por diferentes dinastías durante máis de 1.000 anos.
 
Contando as súas ramificacións e construcións secundarias, calcúlase que ten 21, 196 quilómetros de longo<ref>{{cita web|url=http://www.bloomberg.com/news/2012-06-05/china-s-great-wall-found-to-measure-more-than-20-000-kilometers.html|título=China’s Great Wall Found To Measure More Than 20,000 Kilometers|editor=[[Bloomberg L.P.|Bloomberg]]|data=xuño 5, 2012|dataaccesoe=2/08/2014}}</ref>, desde a fronteira con [[Corea]], ao bordo do [[río Yalu]] (Yalu Jiang), ata o [[deserto de Gobi]], abarcando sete provincias, ao longo dun arco que delinea aproximadamente o bordo sur da [[Mongolia Interior]], aínda que hoxe en día só se conserva un 30% dela.<ref>[http://www.eluniversal.com.mx/notas/592373.html Muralla china mide dos mil km más de lo que se pensaba - El Universal - El Mundo]</ref>En promedio, mide de 6 a 7 metros de alto e de 4 a 5 metros de ancho. No seu apoxeo, durante a [[dinastía Ming]], foi custodiada por máis dun millón de guerreiros.<ref>[http://library.thinkquest.org/C004471/tep/en/cultures/chinese.html La Gran Muralla China]</ref>
 
A muralla foi designada [[Patrimonio da Humanidade]] pola [[Unesco]] no ano [[1987]]<ref>[http://whc.unesco.org/en/list/438 Ficha da Gran Muralla Chinesa na web da UNESCO]. (en inglés)</ref>. Gran parte da Gran Muralla ten fama de ser o maior [[cemiterio]] do mundo. Aproximadamente 10 millóns de traballadores morreron durante a súa construción.<ref>Enciclopedia [[Quid (enciclopedia)|Quid]]</ref> Non os enterrarón no muro en si, senón nas súas proximidades.