Pingüíns: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 26:
Os '''pingüíns''' son un grupo de aves mariñas non voadoras que habitan no hemisferio sur. Todos pertencen a unha mesma familia: '''Spheniscidae'''. Contrariamente á crenza popular, os pingüíns non habitan unicamente en climas fríos e moitas especies habitan tanto no norte como nas [[illas Galápagos]] cerca da liña ecuatorial. A maioría dos pingüíns aliméntanse de [[krill]], [[peixe]], [[lura]]s e outras criaturas mariñas.
 
A especie máis grande é o [[pingüín emperador]] (''[[Aptenodytes forsteri]]''): os adultos teñen unha altura media de 110 cm e pesan 30 kg ou máis. A especie máis pequena é o [[pingüín azul]] (''Eudyptula minor''), que ten tipicamente unha estatura de entre 35 e 40 cm e pesan arredor de 1 kg. Xeralmente os pingüíns máis grandes reteñen mellor a calor e polo tanto habitan rexións máis frías, mentres que as especies máis pequenas se encontran en [[clima]]s temperados e incluso tropicais.
 
=== Especies ===