Lloyd's Register: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m →‎Historia: Arranxiño
Castelao (conversa | contribucións)
m Cursivas para termos ingleses
Liña 19:
| notas =
}}
:Non debe ser confundida con ''Lloyds Bank, Lloyd's of London'' ou ''Lloyd's List''.
 
[[Ficheiro:Lloyd's Register of Shipping.jpg|thumb|Sede de Lloyd's Register en Londres.]]
'''Lloyd's Register''' é un grupo adicado á clasificación de buques e industrias navais. As [[Sociedade de clasificación|sociedades de clasificación]] son unhas organizacións independentes e sen ánimo de lucro adicadas ao asesoramento naval e industrial, avaliación de riscos, certificación de servizos e sistemas de xestión. Durante o século XX Lloyd's Register diversificou o negocio naval a outros sectores como o petróleo e o gas, industrias, enerxía nuclear e ferrocarril.
 
''Lloyd Ltd Quality Assurance'' (LRQA) tamén ofrece asesoramento en sistemas de certificación ISO9001 , ISO14001 e OSHAS18001 . As orixes da sociedade están en ''Lloyd's Register of Shipping'' empresa adicada á clasificación de buques. ''Lloyd's Register'' é a máis antiga sociedade de clasificación de buques do mundo e unha das tres maiores do mundo. As outras dúas son: [[American Bureau of Shipping]] e [[Det Norske Veritas]].
 
== Historia ==
A orixe da sociedade está no mercado de seguros de Londres, ''Lloyd's of London''. No século XVII no café de Edward Lloyd reuníanse armadores, aseguradores, comerciantes, mariños e outros. O propietario do café comezou a publicar unha folla coa información que lle daban e escoitaba aos clientes. En 1760, a ''Register Society'' estaba formada polos clientes da cafetería que montou o ''Register of Shipping'', é o primeiro rexistro naval coñecido do seu tipo. Entre 1800 e 1833, unha liorta entre armadores e aseguradores fixo que cada un publicara unha lista independente: o "Libro Vermello" e o "Libro Verde"<ref>[http://www.mariners-l.co.uk/ResLloydsRegister.htm MARINERS THE WEBSITE OF THE MARINERS MAILING LIST. LLOYD's REGISTER OF SHIPPING] {{en}}</ref>.
 
== Rexistro de buques ==
Liña 35:
O Rexistro publícase anualmente con información sobre tódolos buques e artefactos flotantes mariños autopropulsados de igual ou máis de 100 toneladas de arqueo bruto. Un buque queda rexistrado en Lloyds ata que afunda, naufrague ou sexa despezado.
 
O Rexistro foi publicado primeiramente pola empresa conxunta de ''Lloyds Register-Fairplay'', constituída en xullo de 2001 pola fusión de ''Lloyd's Register's Maritime Information Publishing Group'' e ''Prime Publications Limited''. Lloyd vendeu a súa participación na empresa a IHS en 2009.
 
== Normas de clasificación ==
Lloyd ofrece garantía de calidade e certificación de buques, plataformas ''Off Shore'' e en terra instalacións como centrais eléctricas e infraestrutura ferroviaria. Lloyd é máis coñecido pola clasificación e certificación de buques, e inspecciona e aproba importantes compoñentes e accesorios, incluídos o equipamento de salvamento, prevención da contaminación mariña, protección contra incendios, navegación, equipamento de radiocomunicacións, equipo de cuberta, cadeas, rodetes e áncoras. As normas de certificación inclúen toda a vida do buque. Dende o deseño inicial ata o seu mantemento pasando pola construción, probas de mar e certificación de tódalas reparacións.
 
== Normativa para buques ==
Liña 52:
Existen normativas específicas en función de cada tipo de buque: mercantes, buques de guerra, trimaráns, embarcacións para fins especiais e Off Shore.
 
Un buque está ''in class'' se cumpre con tódolos requisitos mínimos das Regras de Lloyd, e nun estado que permita a posibilidade do buque para conseguir un seguro. O certificado ''in class'' pode ser retirado ao buque se está en violación dos regulamentos e non mantén os requisitos mínimos estipulados pola empresa. En circunstancias excepcionais pódese xustificar unha dispensa especial do Rexistro de Lloyd. Calquera alteración do buque, si é unha alteración estrutural ou na maquinaria, deberá ser aprobada por ''Lloyds Register'' antes da súa aplicación, durante a mesma e unha vez feita.
 
Os buques son inspeccionados periodicamente por un equipo de inspectores Lloyd, un dos controis máis importantes son os anuais da liña de carga. A inspección do casco para asegurarse de que a [[liña de carga]] non foi alterada. Outras inspeccións como a estanquidade das comportas e zapóns, barreiras de seguridade e barandillas. Unha vez finalizada satisfactoriamente o buque está autorizado a operar un ano máis, e expídese un certificado de [[francobordo]].