Programa Gemini: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Castelao (conversa | contribucións)
m "Escotilla" por "zapón"
Liña 7:
O programa Gemini orixinouse sobre a base do proxecto Mercury, seleccionándose unha cápsula que permitira acomodar a unha tripulación de dous [[astronauta]]s en lugar do único tripulante das cápsulas Mercury. Dotouse á cápsula de capacidade para manobrar en [[órbita]] e se propuxeron varias naves como obxectivo para as prácticas de cita e atraque orbitais. Os controis dispuxéronse de maneira similar ós das aeronaves de combate e en lugar de [[torre de escape]] os astronautas dispoñían de [[Asento exectable|asentos exectables]] para saír disparados en caso de problemas co [[Foguete espacial|foguete lanzador]]. A cápsula contaba ademais con navegación inercial e [[radar]]. Tódalas cápsulas Gemini foron lanzadas mediante foguetes [[Titan II GLV]] (Titan II Gemini Launch Vehicle), unha versión modificada dos Titan II.<ref name=astronautix/>
 
A cápsula Gemini era moi lixeira, con só un 50% máis de masa que as cápsulas Mercury, sendo capaces de albergar o doble de tripulación, e coa metade de masa por astronauta que as cápsulas Apollo. Como contrapartida, o espazo para os astronautas era extremadamente reducido, cos dous membros encaixados [[ombro]] contra ombro e co casco pegado áao escotillazapón. Era imposible para os astronautas estirarse completamente dentro da cápsula, e nas misións máis longas ([[Gemini 5]] e [[Gemini 7]]) a incomodidade era notable. O regreso dos paseos espaciais ao interior da cápsula era problemático polo reducido do espazo ao que o astronauta tiña que regresar e ó feito de que os [[Traxe espacial|traxes espaciais]] hinchábanse ao ser presurizados para poder facer a saída extravehicular.<ref name=astronautix/>
[[Imaxe:Gemini 7 in orbit - GPN-2006-000035.jpg|miniatura|A Gemini 7 vista desde a Gemini 6 durante o exercicio de cita espacial, o 15 de decembro de 1965.]]
Ao principio do programa chegouse a propoñer o uso das cápsulas Gemini para realizar voos tripulados circumlunares, arredor da Lúa, a unha fracción do custo que tería facelo con cápsulas Apollo, e incluso, cun módulo adecuado ou co redeseño da cápsula, chegar a aterrar na Lúa. A idea descartouse en parte debido ó pouco marxe da cápsula para crecer e ós problemas de comodidade dos astronautas.<ref name=astronautix/>
Liña 16:
A cápsula Gemini tiña forma de cono truncado e estaba formada por dúas partes: un módulo de reentrada, tripulado, e un módulo adaptador, formando a base da nave. O módulo adaptador tiña unha altura de 228,6 cm e un [[diámetro]] de 304,8 cm na base e de 228,6 cm na parte superior, onde se acoplaba co módulo de reentrada, que tiña ese mesmo diámetro na base e de 98,2 cm na parte superior, de onde arrancaba un [[cilindro]] curto que se estreitaba ata os 74,6 cm na punta. A altura do módulo de reentrada era de 345,0 cm, dando unha altura total para a cápsula de 573,6 cm. A estrutura do adaptador era de [[magnesio]] e dunha [[aliaxe]] de [[aluminio]]. O adaptador, á súa vez, estaba formado por dúas partes: unha sección de equipamento na base e unha sección de retrofoguetes na parte superior. A sección de equipamento contiña o propelente e os sistemas de propulsión e estaba illada da sección de retrofoguetes mediante un panel protector de [[fibra de vidro]]. A sección de retrofoguetes contiña os foguetes para inicia a [[reentrada atmosférica]] da cápsula.<ref name=gunter>{{Cita web|url= http://space.skyrocket.de/doc_sdat/gemini.htm|título= Gemini 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12|dataacceso=11 de febreiro de 2013|autor= Gunter Dirk Krebs|apelidos= |nome= |ligazónautor= |coautores= |data= |ano= 2011|mes= |formato= |obra= |editor= Gunter's Space Page|páxinas= |lingua= inglés|doi= |urlarquivo= |dataarquivo= }}</ref>
[[Imaxe:Gemini 8 during rescue.jpg|miniatura|Recuperación da cápsula Gemini 8, coa tripulación a bordo.]]
O módulo de reentrada estaba formado na súa maior parte pola cabina presurizada da tripulación. Na base atopábase o [[escudo térmico]] ablativo de [[elastómero]] de [[silicio]]. A estrutura do módulo de reentrada estaba feita de [[titanio]] e aliaxe de [[níquel]] con baldosas de [[berilio]]. O cilindro da parte superior do módulo albergada os [[paracaídas]]. A zona presurizada contiña os asentos exectables no que iban sentados os astronautas, os paneis de instrumentos, o equipo de soporte vital e os compartimentos de almacenaxe, cun volume presurizado total de 2,25 m³. O acceso á zona presurizada tiña lugar mediante dúasdous escotillaszapóns (unha sobre cada asento) nas que se atopaban dúas pequenas ventás polas que os astronautas tiñan acceso ás vistas exteriores.<ref name=gunter/>
 
=== Control, propulsión e enerxía ===