Congreso da Emigración Galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 6:
O Primeiro Congreso da Emigración Galega, celebrado en [[Bos Aires]] entre o 24 e 31 de xullo de 1956, foi impulsado polo [[Consello Galiza]], coincidindo coa celebración do centenário do [[Banquete de Conxo]], considerado e reivindicado coma un dos feitos chave na etapa fundacional do movemento galeguista.
 
Este encontro tiña como obxectivo, segundo figura na convocatoria, estudar os problemas específicos, individuais e colectivos, dos emigrados galegos, con proxeccións sobre o presente e futuro de Galiza, buscándolles as posíbeis e axeitadas solucións, e supuña unha tentativa de unión das diversas colectividades espalladas polo continente americano, así como, de forma indirecta, un elemento de auto-lexitimación do propio Consello de Galiza que, como entidade convocanteconvocadora e na súa propia natureza de representante do goberno galego no exilio, podería beneficiarse a nivel simbólico dos avances realizados neste camiño.
 
Esta convocatoria foi feita pública con un chamado á participación das sociedades galegas na América e incluía un temario orientativo, estruturado en torno aos núcleos temáticos do pasado, presente e futuro da emigración galega. O último deles foi desenvolvido en catro liñas de estudo, que chegan a ter un peso importante na propia configuración do congreso, e que se corresponde cos seguintes epígrafes: “O problema do emigrado galego”, “A emigración galega na vida social", "as entidades mutualistas máxima creación da emigración galega”, “A emigración galega na vida económica” e “A emigración galega e a cultura”.
Liña 13:
 
===='''Selección'''====
A selección do Primeiro Congreso da Emigración Galega encontra certas limitacións en canto á representatividade do sistema cultural galego, tanto por estar impulsado por un colectivo galeguista (non sempre en boa relación coas restantes liñas ideolóxicas en xogo ou inclusive con outros grupos) como por haber notáveisnotábeis diferenzas no grado de participación dos diferentes núcleos de emigrados (sendo maioritaria a presenza de coletividadescolectividades sediadas en torno ao Río de la Plata). A pesar disto,tratasetrátase dunha proposta unitaria, concoa representación de moitos enclaves e inclusive da Galiza territorial.
 
De Galiza tamén chegan propostas , ainda que non acudan presencencialmete, feitas, principalmete, polo colectivo xestado á volta da [[editorial Galaxia]], os irmáns Carré Alvarellos( vinculados á [[Academia Gallega]]), Carlos Pereira Amile, un conxunto independente, próximo a Galaxia, integrado por Manuel Beiras García, José Mosquera Pérez e José R. Vázquez. Tamén [[Otero Pedrayo]] e Domingo García-Sabell.