Congreso da Emigración Galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 1:
Os '''Congresos da Emigración Galega''' son un conxunto de xuntazas organizadas coa finalidade de facer propostas aos poderes públicos, colaborando, para resolver os problemas que se presentaban á emigración galega, ademais de constituíren foros para a confrontación entre as diferentes orientacións políticas e ideolóxicas presentes nos diferentes enclaves galegos.
 
===Primeiro Congreso da Emigración Galega===
O Primeiro Congreso da Emigración Galega, celebrado en [[Bos Aires]] entre o 24 e 31 de xullo de 1956, foi impulsado polo [[Consello Galiza]], coincidindo coa celebración do centenário do [[Banquete de Conxo]], considerado e reivindicado coma un dos feitos chave na etapa fundacional do movemento galeguista.
 
Liña 7:
 
Esta convocatoria foi feita pública con un chamado á participación das sociedades galegas na América e incluía un temario orientativo, estruturado en torno aos núcleos temáticos do pasado, presente e futuro da emigración galega. O último deles foi desenvolvido en catro liñas de estudo, que chegan a ter un peso importante na propia configuración do congreso, e que se corresponde cos seguintes epígrafes: “O problema do emigrado galego”, “A emigración galega na vida social", "as entidades mutualistas máxima creación da emigración galega”, “A emigración galega na vida económica” e “A emigración galega e a cultura”.
===='''Selección'''====
 
A selección do Primeiro Congreso da Emigración Galega encontra certas limitacións en canto á representatividade do sistema cultural galego, tanto por estar impulsado por un colectivo galeguista (non sempre en boa relación coas restantes liñas ideolóxicas en xogo ou inclusive con outros grupos) como por haber notáveis diferenzas no grado de participación dos diferentes núcleos de emigrados (sendo maioritaria a presenza de coletividades sediadas en torno ao Río de la Plata). A pesar disto, o feito de tratarse dunha proposta unitaria, con representación de moitos enclaves e inclusive da Galiza territorial. A inclusión dun apartado destinado especificamente ao plano cultural, por un lado, e a reprodución dalgúns dos debates surxidos a raíz deste asunto, por outro, reforzan a valía das actas do encontro, a estes efectos.