Congreso da Emigración Galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "== '''Congresos da Emigración Galega''' == Os congresos da emigración galega consisten nun conxunto de xuntazas organizadas coa finalidade declarada de facer propostas aos poder..."
 
Sen resumo de edición
Liña 3:
=== '''Primeiro Congreso da Emigración Galega''' ===
 
O Primeiro Congreso da Emigración Galega, celebrado en Bos Aires, entre o 24 e 31 de xullo de 1956, foi impulsado polo [[Consello Galiza]], coincidindo coa celebración do centenário do [[Banquete de Conxo]], considerado e reivindicado coma un dos feitos chave na etapa fundacional do movemento galeguista.
 
Este encontro tiña como obxetivo, segundo figura na convocatoria,estudar os problemas específicos, individuais e colectivos, dos emigrados galegos, con proxeccións sobre o presente e futuro de Galiza, buscándolles as posíbeis e axeitadas solucións, e supuña unha tentativa de unión das diversas colectividades espalladas polo continente americano, así como, de forma indirecta, un elemento de auto-lexitimación do propio Consello de Galiza que, como entidade convocante e na súa propia natureza de representante do goberno galego no exilio, podería beneficiarse a nivel simbólico dos avances realizados neste camiño.
Liña 10:
A selección do Primeiro Congreso da Emigración Galega encontra certas limitacións en canto á representatividade do sistema cultural galego, tanto por estar impulsado por un coletivo galeguista (non sempre en boa relación coas restantes liñas ideolóxicas en xogo ou inclusive con outros grupos) como por haber notáveis diferencias no grado de participación dos diferentes núcleos de emigrados (sendo maioritaria a presencia de coletividades sediadas en torno ao Río de la Plata). A pesar disto, o feito de tratarse dunha proposta unitaria, con representación de moitos enclaves e inclusive da Galiza territorial. A inclusión dun apartado destinado especificamente ao plano cultural, por un lado, e a reprodución dalgúns dos debates surxidos a raíz deste asunto, por outro, reforzan a valía das actas do encontro, a estes efectos.
 
A cultura ten un peso importante dentro deste encontro, sendo o eixo temático que concentra o maior número de relatorios (21 de 66 comunicacións repartidas en 6 bloques) e que levanta máis expectativa, segundo confirman as propias actas, nas cales, con motivo da lectura do parecer da comisión correspondente (a denominada son a letra G), se indica: “Pol-o interés do tema — o Idioma e a Cultura en relación coa emigración galega — é (sic) pola cantidade e calidade das poñencias estudiadas, este informe era agardado polos delegados e polo público asistente, con excepcional expectativa” (APCEG: 31). Esta comisión G, encargada de avaliar os relatorios relativos a “A emigración galega e a cultura”, está integrada por unha serie de axentes destacados do galeguismo de preguerra, exiliados en distintos puntos do continente americano e con atividade no campo cultural: Emilio Gonzalez López (da Casa de Galicia de Nova Iorque), Luis Tobío (Uruguai), Ramón Suárez Picallo (Chile), Xosé Velo Mosquera (Lar Gallego de Caracas) e Rodolfo Prada (Irmandade Galega de Buenos Aires).
 
=== '''Congreso Rexional da Emigración Gallega'''===