Depuración de augas residuais: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Engadido do apartado "tecnoloxías apropiadas"
Liña 229:
== O déficit mundial no tratamento das augas residuais ==
Visto desde unha perspectiva mundial hai unha capacidade insuficiente de tratamento das augas residuais, especialmente nos países pouco desenvolvidos. Esta circunstancia dáse desde polo menos a década de 1970 e débese á superpoboación, á crise de auga e ao custo da construción de sistemas de tratamento que non todos os países poden afrontar. O resultado do tratamento inadecuado das augas residuais é un aumento significativo da mortalidade (sobre todo) de doenzas que se poden previr, e esta mortalidade é especialmente alta nos nenos pequenos en países subdesenvolvidos, particularmente en África e Asia. No ano 2000, as [[ONU|Nacións Unidas]] estableceron que 2.640 millóns de persoas non dispoñían dun tratamento ou vertido de augas residuais adecuado. Este valor representa o 44% da poboación global, pero en África e Asia aproximadamente a metade da poboación non tiña ningún tipo de servizo de depuración de [[augas residuais]].
 
==Tecnoloxías apropiadas==
O concepto de [[tecnoloxía adecuada|tecnoloxías apropiadas]] nos sistemas de augas residuais abarca dimensións técnicas, institucionais, sociai e económicas. Dende un punto de vista técnico e institucional a seleción de tecnoloxías non apropiadas foi identificada como unha das principais causas de fallos no sistema. O ambiente das augas residuais é perxudicial para os equipos electrónicos, eléctricos e mecánicos, o seu mantemento é un proceso sen fin e require apoio de laboratorios, técnicos capacitados, asistencia técnica especializada e orzamentos axeitados. Cando se busca un servizo confiable a longo prazo os sistemas máis sinxelos e deseñados con vista ao mantemento son os máis recomendables.
 
En comunidades pequenas e ambientes rurais as opcións técnicas son máis sinxelas pero as consideracións instucionais combínanse cas sociais e seguen sendo extremadamente importantes. As institucións locais deben ser capaces de manexar os programas ou sistemas de saneamento; a participación comunitaria pode ser un elemento clave do seu éxito. É importante adaptar o sistema de saneamento as costumes locais; algunhas poden ser modificadas con programas educativos pero outras poden estar enraizados en valores culturais e non estar suxeitas ao cambio.
 
== Referencias ==