Tetrámero: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:1GZX Haemoglobin.png|miniatura|dereita|A [[hemoglobina]] é un exemplo de proteína tetrámera (de catro subunidades). As subunidades <span style="color:red;">'''α'''</span> e <span style="color:blue;">'''β'''</span> están coloreadas de vermello e azul.]]
[[Ficheiro:Kobophenol A.png|miniatura|dereita|Kobofenol A.]]
Un '''tetrámero''' (de tetra, "catro" + ''-mer'', "partes") é un [[oligómero]] formado por catro [[monómero]]s ou [[subunidade protéica|subunidades proteicas]]. A propiedade asociada denomínase ''tetramería''. Un exemplo en química orgánica é o [[kobofenol A]], unha molécula formada por catro monómeros estilbenoidesde [[resveratrol]].
 
En bioquímica, son tetrámeras as moléculas formadas por catro subunidades, que poden ser iguais (nese caso é un [[homotetrámero]]), por exemplo a proteína [[concanavalina A]], ou diferentes nbese caso é un ([[heterotetrámero]]), por exemplo a proteína [[hemoglobina]]. A hemoglobina ten 4 subunidades, iguais dúas a dúas, aínda que todas moi parecidas. As [[inmunoglobulina]]s teñen tamén catro subunidades iguais dúas a dúas, pero moi diferentes. As diferentes subunidades dun tetrámero poden ter cada unha a súa propia actividade, como a unión á [[biotina]] nos tetrámeros de [[avidina]], ou ter unha propiedade biolóxica común, como a unión alostérica do [[oxíxeno molecular|oxíxeno]] na hemoglobina.