Copa do Rei de Rugby: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JonnyJonny (conversa | contribucións)
JonnyJonny (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 9:
|data3 = [[FC Barcelona Rugby|FC Barcelona]] (16)
|label4 = Actual campión
|data4 = [[Valladolid RAC]] (34ª)
}}
A '''Copa do Rei''' é a competición nacional de [[rugby]] máis antiga de [[España]]. Naceu en [[1926]] como '''Campionato de España''' por iniciativa da [[Federación Española de Rugby]], que fora fundada pouco tempo antes. O formato orixinal do torneo consistía nunha liga na que se enfrontaban os diversos campións rexionais, inicialmente os campións de Cataluña e Castela, e en anos posteriores outros equipos. Durante décadas foi o máximo campionato de rugby existente en territorio español, pasando por varias denominacións, como "Campionato de España" ou "Copa do Xeneralísimo", ate que en [[1970]] foi creada a [[División de Honra de Rugby|División de Honra da Liga Española de Rugby]]. Dende entón a Copa do Rei ocupa o segundo posto en importancia dentro do calendario rugbístico español. O gañador da Copa do Rei acada o dereito a disputar a [[Supercopa de España de Rugby|Supercopa de España]] fronte ó campión de liga.