Ástures: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
+imaxe
Liña 5:
==Historia==
===Época pre-romana===
O territorio dos Ástures comprendía aproximadamente as actuais provincias de [[provincia de León|León]], [[provincia de Zamora|Zamora]], a maior parte de [[Asturias]], así como parte dos territorios das actuais provincias galegas de [[provincia de Lugo|Lugo]] e [[provincia de Ourense|Ourense]]. Considérase que a orixe e formación desta [[cultura]] estivo radicada, entre outros aspectos, na mestura dun pobo autóctono -de orixe descoñecida- coa chegada dun grupo poboacional da zona [[Europa central|centro-europea]]. Non obstante, a etnicidade deste grupo de comunidades permanece dubidosa, sendo que a maioría dos investigadores contemporáneos tenden a considerar que a denominación "Ástures" se tratase meramentesoamente dun convencionalismo empregado polos romanos á súa chegada ao noroeste peninsular, durante o [[Século -I|século I a.C.]]
 
Será, por tanto, máis preciso cinguirse o estudo a grupos de comunidades locais, organizados ao longo de vales e unidades territoriais menores, conforme se confirman nas singularidades presentes nas decoración [[cerámica]]s da [[Idade do Ferro]], que denotan particularidades comarcais.
 
===Época romana===
Coa súa integración do [[Imperio romano]], o termo "ástur" pasou a definir aos habitantes da provincia de Asturias, e máis tarde dentro da provincia da [[Gallaecia]], aos habitantes do [[Convento asturicense|Convento xurídico asturicense]]. Xa na [[Idade Media]] acabaría por definir unicamente ás comunidades que vivían entre a [[Cordilleira Cantábrica]] e o [[mar Cantábrico]], tendo por limitelímite occidental o [[río Navia]] e oriental o [[Río Deva, Cantabria|Deva]], se ben o termo ástur tamén acabaría integrando a toda [[Cantabria]], chamada durante séculos "Asturias de Santillana".<ref>[http://www.euskalnet.net/javidp/losastur.htm Los astures] {{es}}</ref>
 
== Notas ==