Oso polar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
restauro última versión sen vandalismos
Liña 33:
 
== Clasificación ==
Phipps foi o primeiro a describir este animal como especie distinta: ''Thalarctos maritimus'' (Phipps, 1774). Outros nomes xenéricos foron despois propostos, tales como ''Thalassarctos'', ''Thalarctos'' e tamén ''Thalatarctos''. Tendo como base feitos relativos ao cruzamento de osos pardos con osos polares, en xardíns zoolóxicos, estabeleceuse o nome ''Ursus (Thalarctos) maritimus'' para esta especie. Máis tarde, debido a interpretacións paleontolóxicas e evolutivas, foi proposta por Kurtén (1964), a integración de Phipps (1774), como a autoridade da especie. Finalmente, o nome ''Ursus maritimus'' pasou a ser utilizado até os nosos días, debido a promoción feita por Harrington (1966), Manning (1971) e Wilson (1976) <ref>[http://www.iucnredlist.org/search/details.php/22823/all IUCN Red List of Threatened Species]</ref>.
 
Pénsase que os [[procionídeo]]s e os úrsidos se ramificaron hai preto de 30 millóns de anos. O [[oso de óculos]] formou unha rama á parte en torno a 13 millóns de anos atrás. As seis especies actuais do xénero [[Ursus]] orixináronse hai uns 6 millóns de anos. O [[oso pardo]] e o oso polar diverxeron dun [[ancestro]] común hai cerca de 2 millóns de anos e o cruzamento entre as dúas especies xera descendentes fértiles, feito que pode levar á conclusión de que o oso polar é unha [[subespecie]] do oso pardo. A perda de [[dente molar|dentes molares]] típicos do oso pardo deuse hai 10 ou 20 mil anos..
Liña 54:
 
Todo o seu corpo está adaptado para o mellor desenvolvemento na auga e para o frío. Tanto as orellas como os ollos son pequenos e arredondados. As patas dianteiras son largas para facilitar a natación e o mergullo e as patas posteriores teñen 5 dedos. O cranio e o pescozo son alongados. Todas esas adaptacións proporciónanlles un maior [[hidrodinámica|hidrodinamismo]] que facilita a natación. As plantas dos pés teñen papilas que facilitan camiñar sobre o xeo.
 
A pelaxe dos osos polares é branca e cobre todo o corpo, inclusive a planta das patas, como illamento do frío. Componse dunha densa capa de subpelo (cerca de 5 cm de comprimento) e unha capa de pelos externos (15 cm). O pelo individual é transparente e oco, mais non presenta propiedades de [[fibra óptica]], como afirma unha [[lenda urbana]]. No [[verán]] a pelaxe tórnase amarelada, talvez debido á oxidación producida polo sol. Ao contrario dos demais mamíferos árticos, os osos polares non sofren proceso de muda estacional. Os pelos nas plantas das patas son duros e proporcionan excelente illamento térmico e tracción sobre a neve. O illamento térmico proporcionado pola pelaxe xeral é tan eficiente que torna o animal practicamente invisíbel a detectores [[infravermello]]s. Por riba dos 10&nbsp;°C, con todo, isto pode levar ao sobrequecemento do animal. Outra característica da súa pelaxe é non reflectir a luz [[ultravioleta]].
 
Algúns animais cautivos, expostos a climas quentes e húmidos, desenvolven unha cor verde grazas a [[alga]]s que crecen nos seus pelos ocos. Tales algas non son nocivas para o animal e son eliminadas con baños de [[auga osixenada]] ou sal.
 
== Distribución ==
[[Ficheiro:Polarbearcup-1.jpg|miniatura|250px|Unha femia e un fillote en Svalbard, territorio de [[Noruega]].]]
 
O oso polar é un animal do hemisferio norte que habita o círculo polar ártico. Pódese atopar en [[Alasca - Alaska|Alaska]], no [[Canadá]], en [[Groenlandia]], en [[Rusia]] e no arquipélago noruegués de [[Svalbard]]. O habitat natural do animal é a capa fina de xeo, onde lle é posíbel cazar [[foca]]s. Está perfectamente adaptado para a vida no xeo, sendo encontrado durante o inverno nos mares conxelados de [[mar de Chukchi|Chukchi]] e [[Mar de Beaufort|Beaufort]] ao norte do Alaska, mares [[Mar Siberiano Oriental|Siberiano Oriental]], de [[Mar de Laptev|Laptev]] e de [[Mar de Kara|Kara]] en Rusia e no mar de [[Mar de Barents|Barents]] ao norte de Europa. Son comúns tamén na porción norte do mar de Groenlandia, na [[baía de Baffin]] e en todo o [[arquipélago Ártico canadense]].
 
A pesar de diminuír o seu número a partir do paralelo 88°, os osos polares poden ser encontrados virtualmente en todo o Ártico.
 
== Hábitos ==
Liña 64 ⟶ 70:
 
Esta especie concéntrase xunto á costa, toda vez que depende da auga para encontrar as súas presas. Os osos polares son excelentes nadadores e poden percorrer até 80 km sen descanso. Algúns animais migran desta forma do Norte para o Sur seguindo as marxes dos glaciares, mais poden desprazarse tamén por terra firme. O oso polar é un animal de hábitos diúrnos e carácter solitario.
 
Os machos adultos, como noutras especies, poden atacar e matar as crías. As femias deféndeas mesmo fronte a un macho que mida o duplo do seu tamaño. Aos seis meses de idade, un fillote é capaz de fuxir correndo dun adulto.
 
Os territorios, moitas veces enormes, non son defendidos. A pesar de non seren sociais, os osos son capaces, con todo, de compartir os restos dunha balea sen maiores conflitos.
 
Debido á abundancia de comida mesmo durante o inverno, o oso polar non hiberna no sentido estrito da palabra: entra nun estado de somnolencia, no cal a súa temperatura corpórea non cae, pasando a subsistir das súas reservas de graxa corporal.
 
Os osos polares son animais moi preocupados coa propia hixiene. Despois de cada comida, dedican uns 15 minutos para eliminar a sucidade. Para se limparen, usan as patas, a lingua, auga ou neve. Isto débese ao feito de que a sucidade interfire coa capacidade de illamento térmico da pelaxe.
 
== Reprodución ==
[[Ficheiro:Ursus maritimus Steve Amstrup.jpg|miniatura|250px|Unha nai e os seus dous fillotes.]]
 
Os osos polares reprodúcense entre os meses de marzo e xuño, con implantación diferida dos óvulos fecundados, de modo que o período de xestación se torna moi longo, entre 200 a 265 días, variando de acordo coas condicións ambientais.
 
As crías nacen entre novembro e xaneiro, no abrigo invernal construído pola femia, e non se separan da nai até completaren dous anos de idade. Nacen cegas e pesando moi pouco en relación ao peso adulto, sendo unha das crías menos desenvolvidas dos mamíferos [[euterio]]s. As femias teñen catro mamas funcionais, mentres que as outras especies presentan seis. Poden xerar até catro fillotes por xestación, aínda que a media sexa de dúas crías.
 
As femias están aptas para a reprodución unha vez cada tres anos, sendo un dos mamíferos con menor capacidade reprodutiva. Calcúlase que a osa polar ten só cinco niñadas na súa vida.
 
Atinxen a madurez sexual entre os 5 e 6 anos e en condicións naturais, viven unha media de 15 a 18 anos. Algúns animais salvaxes marcados tiñan un pouco máis de 30 anos. Un espécime do zoo de [[Londres]] morreu aos 41 anos.
 
== Dieta ==
[[Ficheiro:Polar bear Olsen, Dave 2.jpg|miniatura|250px|Un oso busca comida nunha praia rochosa.]]
 
De todos os osos, o oso polar é o máis restritamente carnívoro. A dentición lembra máis a de carnívoros acuáticos que a doutros osos. A súa principal presa é a [[foca]] (en especial a [[foca anelada]]), a cal tenta capturar cando emerxen polos buracos do xeo para respirar. A súa taxa de éxito, con todo, é baixa. Só o 5% das tentativas ten éxito. Un oso experimentado captura unha foca cada cinco días, o que lle proporciona enerxía suficiente para 11 días. Alén deste método de caza ó axeso, o oso polar emprega tamén o método de persecución para cazar, aproximándose moi lentamente á vítima e disparándose nos 15 m finais, a unha velocidade de até 55 km/h.
 
Aliméntase tamén de [[aves]], [[roedor]]es, [[molusco]]s, [[caranguexo]]s, [[morsa]]s e [[beluga]]s. Ocasionalmente caza [[boi almiscrado|bois almiscrados]] e até mesmo, aínda que raro, outros osos polares.
 
Oportunista, a especie pode comer carniza (como [[balea]]s varadas) e materia vexetal, como raíces e bagas no final do verán. No depósito de lixo en Churchill, [[Manitoba]], observáronse comendo, entre outras cousas, graxa e aceite de motor.
 
O oso polar é un nadador e un corredor capaz, o que o torna un cazador eficiente tanto na auga como na terra firme.
 
Esta especie é extremadamente perigosa para o home, que encara como presa, especialmente se non houber abundancia dos seus alimentos habituais. Na [[Illa de Baffin]], por exemplo, os [[xeoloxía|xeólogos]] fan os traballos de campo armados de escopetas de caza como medida de protección contra os osos polares.
 
Ao contrario da crenza, nunca foi observado que o oso polar, en busca da camuflaxe perfecta, esconda o fociño cando está cazando.
 
== Conservación ==
O oso polar é citado polo CITES como de baixo risco de extinción. Porén, algúns factores poden mudar esta situación para peor.
 
A redución das capas de xeo e o prolongamento do [[verán]] están a obrigar os osos polares a buscaren comida en lugares habitados, colocando a especie en conflito co home. En [[2005]], afirmouse ter visto un total de cerca de 40 osos nadando centenares de quilómetros en busca dalgunha capa de xeo flotante á cal puidesen subir.
 
Os pobos índixenas do Ártico cazan osos pola súa graxa e pel. Canadá permite a cazar aos estranxeiros, se van guiados por un [[inuit]] na súas zorras de cans. A pesar de que foi florecente no século pasado, este tipo de actividade está en declive actualmente. O interese polas peles de oso diminuíu, así como os seus prezos. Unha pel que se vendía por 3.000 dólares atinxe hoxe o prezo máximo de 500 dólares.
 
Certas actividades humanas como a exploracion de gas e [[petróleo]], o [[turismo]], a investigación científica e deportes na neve, perturban o animal no seu ambiente. A contaminación ambiental é outra ameaza. Estando no cumio da cadea trófica, o oso polar concentra substancias tóxicas no seu organismo. A cantidade de [[metais pesados]] e hidrocarburos clorados mostra unha curva ascendente en mostras de tecidos.
 
Os derramamentos de petróleo tamén afectan os osos polares. O petróleo é altamente tóxico e de lenta descomposición, sendo inxerido polo animal cando este se alimenta ou executa o seu aseo.
 
A poboación actual de osos polares estímase entre 22.000 e 27.000 individuos, o 60% dos cales viven no Norte do [[Canadá]].
 
== Cultura e relixión ==