Pompeia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
agora faise en d:Wikidata
Fendetestas (conversa | contribucións)
Liña 12:
 
== O Vesuvio sepulta a cidade ==
En agosto do ano [[79]] unha [[Erupción do Vesuvio no ano 79|erupción do monte Vesuvio]] escureceu o ceo e sepultou a cidade. As únicas crónicas fiábeis do ocorrido foron escritas por [[Plinio o Novo]] nunha carta enviada ao historiador [[Publio Cornelio Tácito]]. Plinio observou desde a súa vila en [[Miseno]] (a 30 km do [[Monte Vesuvio|Vesuvio]]) un estraño fenómeno: unha gran nube escura con forma de piñeiro saíndo do cume do monte. Ao cabo dun tempo, a nube descendeu polas abas do Vesuvio e cubriu todo polos arredores, incluíndo o mar.
 
A "nube" sobre a que escribiu Plinio coñécese actualmente como fluxo [[piroclástico]], unha nube de gas, cinza e rocha sobrequentados que é expulsada por un [[volcán]]. Plinio constatou que houbo varios tremores de terra antes e durante a erupción. Tamén anotou que as cinzas caían en capas moi gordas e Miseno tivo que ser evacuada.